Logo de Amnistia Internacional
CABECERA

Sección Española | Galicia | Vigo

Formulario para buscar dentro de la web de Amnistía España
CONTENIDO

Inicio

Axenda

Axenda
Non hai eventos na axenda.


09-02-19

Convocamos o V Concurso de Microrrelatos Xuvenil co que a Rede de Escolas de Amnistía Internacional Vigo busca cambiar actitudes sobre o acoso escolar, concienciando á sociedade sobre o problema e dando a coñecer os medios cos que se conta para loitar contra el.


O tema do concurso está en relación co estudo que o investigador de Amnistía Internacional Koldo Casla realizou o pasado ano 2018 e que tivo en conta aos centros galegos dun xeito moi especial. Neste enderezo pódese ver unha publicación súa recente, da que salientamos algúns titulares: https://www.es.amnesty.org/en-que-estamos/blog/historia/articulo/nadie-deberia-tener-miedo-de-ir-a-clase/.

ESTUDOS INTERNACIONAIS DOCUMENTARON O EFECTO DANIÑO DO ACOSO ESCOLAR SOBRE A SAÚDE MENTAL E O BENESTAR...

[Ler máis]

06-11-18

MEMORIA DUNHA GALEGA NAI DE PLAZA DE MAYO


O día 9 de novembro ás 20.00 horas terá lugar a inauguración da Exposición de fotografías. Pintadas e Carteis, Homenaxe a Dionisia López Amado, nai de Plaza de Mayo na Sala Microgalería QUADRO, C/ Fermín Penzol,10 de Vigo.

 Este é o primeiro acto do conxunto de actividades que organizan durante este mes os Amigos e Amigas de Dionisia López Amado e Amnistía Internacional  Vigo, coa colaboración dos Concellos de Cangas e Moaña e a participación do Concello deVigo. Será seguido por varias conferencias e a colocación de dúas placas conmemorativas, que completarán esta homenaxe a unha muller sinxela,  única e valente, á que as vicisitudes do destino colocaron ante unha das traxedias máis dolorosas para unha nai:...

[Ler máis]

18-06-18

Amnistía Internacional de Vigo inaugura a exposición “Amar non é un delito” incluida dentro da programación Orgullo LGTBIQ+ Vigo2018 que a Asociación Nos Mesmas organiza durante todo o mes de xuño.


A inauguración terá lugar o  21 de xuño ás 18.30 no Centro Cívico Casco Vello, Rúa Oliva 12.  A continuación celebrarase unha mesa redonda ás 19.00 na Casa Galega dá Cultura, Praza da Princesa 2, na que intervirán Mariana Jorge Lozano, filóloga e activista de AI, e Khadija Afkir O Majrissi, coordinadora da área de atención psicosocial da ONG KifKif, migración e refuxio LGTBI. 

Esta mostra non pretende retratar as voces, discursos e actores homófobos e tránsfobos que alentan a violencia, discriminación e violación dos dereitos humanos das persoas...

[Ler máis]

14-02-18


O día 19 de febreiro ás 8.30 da tarde Amnistía Internacional Vigo celebrará unha charla-coloquio no Café De Catro a Catro na rúa Gerona da nosa cidade. Estará   a cargo de Gustavo Pedraza Salcedo, estudante colombiano acollido por Amnistía Internacional no seu programa de protección de dereitos humanos para persoas perseguidas por cuestións políticas. Pedraza dará tamén unha charla no IES San Paio de Tui para acercar aos estudantes a terrible realidade do seu país.

 Este defensor dos dereitos humanos colombiano tivo que abandonar o seu país polas persecucións e ameazas contra a súa vida e a súa liberdade, despois de denunciar a  desaparición, tortura e posterior asasinato por móbiles políticos do seu irmán:  Carlos Pedraza Salceda, gran...

[Ler máis]

02-02-18

DETRÁS DE CADA PORTA HAI UNHA HISTORIA

A Rede de Escolas de Amnistía Internacional Vigo convoca o IV Concurso de Microrrelatos Xuvenil, co obxectivo de fomentar a reflexión sobre o labor da organización na promoción e defensa dos Dereitos Humanos, en concreto nesta convocatoria o dereito á vivenda.

 Amnistía Internacional continúa adiante coa súa campaña “O dereito á vivenda # Nonsevende”. Aínda que outros temas ocupan agora as cabeceiras dos nosos xornais, o problema segue existindo: centos de miles de persoas perderon a súa vivenda ou corren o risco de perdela, sendo as máis afectadas as mulleres. A vivenda social, que xoga un papel crave na satisfacción do dereito á vivenda, conta en España cunha das porcentaxes máis baixas da UE, o 2%. E mentres o...

[Ler máis]

Amónsanse resultados 1 ao 5 de 128

1

2

3

4

5

6

7

Seguinte >