Logo de Amnistia Internacional
CABECERA

Sección Española | Galicia | Vigo

Formulario para buscar dentro de la web de Amnistía España
CONTENIDO

Inicio

Axenda

Axenda
Non hai eventos na axenda.


04-05-16

Activistas de Amnistía Internacional librarán unha guerra pública de almofadas para despertar o procurador do Estado de Sinaloa, que leva tres anos “durmido” sen revisar a situación de Yecenia Armenta


A Yecenia Armenta colgárona boca abaixo polos nocellos, asfixiárona e violárona. Atopábase nas dependencias da policía secreta mexicana. “Despois de moitas horas, dixen que ía asinar o que querían que asinara. Asineino, aínda vendada. Xamais lin o que asinei”, asegura.

Yecenia pasou máis de tres anos no cárcere de Sinaloa (México), acusada de planificar o asasinato do seu marido. A única proba na súa contra é a súa propia confesión, extraída mediante tortura, ameazas e coaccións.

Amnistía Internacional iniciou unha campaña para esixir a súa liberación ás...

[Ler máis]

28-03-16

ENTREGA DE PREMIOS

O II Concurso de Microrrelatos Xuvenil convocado pola Rede de Escolas de Amnistía Internacional  Vigo chega á súa última etapa co acto de entrega de premios aos gañadores o vindeiro xoves 31 de marzo ás 19.30 na sala de conferencias da sede de Afundación en Policarpo Sanz 24-26.

A campaña a favor dos refuxiados que Amnistía Internacional Vigo  está a levar a cabo nos centros da Rede de Escolas presta o título ao  concurso, dirixido a alumnos de Institutos de Ensino Secundario da provincia de Pontevedra: “Primeiro as persoas, logo as fronteiras”. O  obxectivo é  que o alumnado tome conciencia da necesidade da súa implicación na defensa dos Dereitos Humanos e que reflexionen sobre  a crecente crise de refuxiados que o...

[Ler máis]

24-02-16

“Os teus dereitos perigan”, asalto global ás liberdades.

Amnistía Internacional presenta o seu informe anual no que se analiza a situación dos dereitos humanos no mundo.

O voceiro de Amnistía Internacional Vigo, Manuel Barreiro, advirte de que “non só perigan os nosos dereitos, senón tamén as leis e os sistemas que os protexen”.España non escapa a esta tendencia internacional limitando a liberdade de expresión e o dereito de reunión pacífica e desatendendo ás recomendacións dos mecanismos internacionais en canto á protección dos dereitos humanos no noso país.Alén dos medios de comunicación, o informe, que analiza a situación dos dereitos humanos en España, será entregado tamén ás autoridades e partidos políticos galegos.

A entidade territorial de Amnistía...

[Ler máis]

22-02-16

¿Avanzamos? Os dereitos das mulleres e as nenas

A loita polos dereitos humanos de mulleres e nenas en todo o mundo foi e segue a ser un obxectivo prioritario de Amnistía Internacional. Por esta causa e co título de “¿Avanzamos? Os dereitos das mulleres e as nenas”  Amnistía Internacional Vigo organiza unha exposición na Sala de Exposicións de AFUNDACIÓN en Policarpo Sanz nº 24 do 3 ao 30 de marzo, de luns a sábado en horario de 17.30 a 20.30.

De Burkina Fasso a El Salvador, pasando  por Siria, India, China ou Marrocos, mulleres e nenas ven vulnerados os seus dereitos  a diario polo feito de seren mulleres: desde negarlles o acceso a métodos anticonceptivos se non teñen permiso do marido ata sufrir acoso, violencia sexual  ou matrimonios...

[Ler máis]

08-02-16

O próximo 13 de febreiro, sábado, sairemos á rúa para celebrar un acto coincidindo coa celebración do Ano Novo Chinés, que comeza o 8 de febreiro.

China celebra coas festas de Primavera o comezo do seu Ano Novo, que en 2016 coincide co 8 de febreiro e é o Ano do Mono. Nesa data as familias desprázanse para reunirse e desexarse o mellor para o ano que comeza. Como todos os anos, desde Amnistía Internacional expresaremos os nosos bos desexos cara á poboación chinesa e tentaremos que cheguen ao seu goberno a través da súa embaixada e teñan unha repercusión o máis ampla posible.

Unha vez máis pediremos o fin das violacións dos dereitos humanos en China e centrarémonos en catro áreas temáticas (liberdade para a avogacía que defende os dereitos humanos, liberdade de...

[Ler máis]

Amónsanse resultados 21 ao 25 de 128

< Anterior

1

2

3

4

5

6

7

Seguinte >