Logo de Amnistia Internacional
CABECERA

Sección Española | Galicia | Vigo

Formulario para buscar dentro de la web de Amnistía España
CONTENIDO

Inicio

Axenda

Axenda
Non hai eventos na axenda.


12-01-16

Acto de rúa polo peche de Guantánamo o sábado 16 de xaneiro.

Amnistía Internacional convoca un acto de protesta o próximo sábado 16 de xaneiro,  de 11.30 a 14 na rúa do Príncipe, para recordar que se cumpren 14 anos da entrada en funcionamento da prisión da baía de  Guantánamo, Cuba,  que o presidente Barack Obama prometeu pechar en xaneiro de 2010 como moi tarde. Na actualidade, permanecen detidos alí 104 homes; 45 deles recibiron luz verde para seren  transferidos a outro lugar, pero permanecen no cárcere. A obstrución do  Congreso estadounidense ao peche ameaza con situar a Estados Unidos entre os países que desprezan sistematicamente as normas internacionalmente acordadas de xustiza e dereitos humanos.

O goberno de Obama insinuou un...

[Ler máis]

09-01-16

Amnistía Internacional convoca o II Concurso de Microrrelatos Xuvenil para maiores de 14 anos matriculados en calqueira Instituto de Ensinanza Secundaria da provincia de Pontevedra.


A Rede de Escolas de Amnistía Internacional de Vigo, co obxectivo de fomentar a reflexión sobre a campaña:  Primeiro as persoas, logo as fronteiras que se está a levar adiante na Rede de Escolas polos Dereitos Humanos de Amnistía Internacional durante este curso, convoca o II Concurso de Microrrelatos Xuvenil.

Poderá participar neste concurso calquera persoa maior de 14 anos matriculada nun Instituto de Ensino Secundario da provincia de Pontevedra. O prazo para enviar os relatos será dende o 8 de xaneiro ata o 22 de febreiro de 2016. Ámbolos  días incluídos. Remitiranse a...

[Ler máis]

06-12-15

Miles de activistas saen á rúa con Persoas que actúan por persoas, a maior campaña polos dereitos humanos en 2015


Millóns de activistas e simpatizantes de Amnistía Internacional en todo o mundo dispóñense a participar na campaña Persoas que actúan  por persoas (#PersoasXPersoas) que se enmarca na celebración do Día Internacional dos Dereitos Humanos (10 de decembro). O obxectivo é solicitar cartas e firmas para pedir  a liberdade de activistas encarcerados por disentir pacificamente ou sacar á luz abusos contra os dereitos humanos.

“Cando centos de miles de persoas mostran o seu apoio a un defensor ou a unha defensora dos dereitos humanos, o impacto é enorme e dá a esa persoa a forza que necesita para seguir coa súa loita. Tamén envía aos seus opresores...

[Ler máis]
19-11-15

Brasil: Policías militares de ‘gatillo fácil’ mataron centos de persoas na cidade que se prepara para recibir os Xogos Olímpicos


Río de Xaneiro, futura sede dos Xogos Olímpicos de 2016, é unha cidade marcada polas intervencións policiais represivas. A súa Policía Militar, que parece seguir a máxima de “disparar primeiro e preguntar despois”, está a contribuír ao alarmante aumento da taxa de homicidios pero os seus axentes case nunca son investigados nin comparecen ante a xustiza. Así o afirma Amnistía Internacional nunha análise inédita de datos estatísticos publicada a un ano do comezo dos Xogos Olímpicos de Río 2016.

 

            Ao revisar o estado das 220 investigacións de homicidios policiais abertas en...

[Ler máis]
29-10-15

As organización, se o permite o tempo, estarán presentes o próximo sábado 31 de 11:00 a 13:00 horas, entre a Porta do Sol e a rúa de Principe , onde realizarán unha acción simbólica para reclamaren maior protección de todos os dereitos humanos na Constitución Española.
 O acto enmárcase na campaña ‘Blinda os teus dereitos. Cambia o artigo 53’, que ten como obxectivo recoller polo menos 53.000 firmas para esixir aos diferentes partidos políticos unha reforma da Constitución que acabe cos dereitos de “primeira” e de “segunda”.

No marco da campaña "Blinda os teus dereitos. Cambia o artigo 53", voluntarios e voluntarias de Amnistía Internacional, Greenpeace e Oxfam Intermón sairán á rúa en 14 cidades onde poñerán a disposición da cidadanía unha...

[Ler máis]

Amónsanse resultados 26 ao 30 de 128

< Anterior

1

2

3

4

5

6

7

Seguinte >