Logo de Amnistia Internacional
CABECERA

Sección Española | Galicia | Vigo

Formulario para buscar dentro de la web de Amnistía España
CONTENIDO

Inicio

Axenda

Axenda
Non hai eventos na axenda.

29-09-15


O dereito á vivenda é un dereito humano que está a ser vulnerado en España como consecuencia dos desaloxos hipotecarios. Desde o comezo da crise en

2008, centos de miles de persoas perderon a súa vivenda ou corren o risco de perdela.

 A vivenda considerouse historicamente como un ben de consumo ou investimento, e non como un verdadeiro dereito humano con obrigas para as autoridades.

 En España:

A lexislación non permite que as persoas poidan reclamar a defensa do dereito á vivenda perante os tribunais nin permite que os xuíces analicen  a  proporcionalidade  dun  desaloxo,  caso  por  caso,  e  o impacto deste na vida das persoas.

As autoridades non crearon un mecanismo que supervise as negociacións entre...

[Ler máis]

25-05-15

Proxección do documental "Tranquilandia na casa Museo de Camaño Xestido "A Mangallona" en Cangas.
O próximo día 30 de maio ás 20.00 na casa Museo de Camaño Xestido 'A Mangallona' en Cangas, Amnistía Internacional de Vigo levará a cabo a presentación e proxección do documental 'Tranquilandia' no que se denuncia que o Goberno colombiano non tomou as medidas necesarias para que o cumprimento da Lei de Vítimas e Restitución de Terras aos seus lexítimos propietarios teña lugar con todas as garantías. As ameazas e homicidios, sumados á falta de rigor para aplicar unha lexislación deficiente, están a impedir que se cumpra a promesa do Goberno colombiano de devolver ás comunidades campesiñas, indíxenas e de afrodescendentes os millóns de hectáreas de terra que lles foron...

[Ler máis]

02-05-15

Irán non pode seguir recortando os dereitos das mulleres

Amnistía Internacional sae á rúa en Vigo o sábado día 9, de 11:00 a 14:00 -Rúa do Príncipe esquina con Velázquez Moreno- coa acción Loitan como leoas para pedir ás autoridades iranianas que poñan fin ás medidas que discriminan as mulleres e para recoñecer a importante loita que están a levar a cabo as iranianas para defender os seus dereitos.

Numerosas activistas foron detidas por denunciar a discriminación sistemática e a violencia crecente que existe en Irán contra as mulleres: non poden cursar certas carreiras universitarias consideradas "masculinas"; teñen prohibido entrar nos estadios de fútbol e voleibol; deben respectar un estrito código de vestimenta; non poden facer determinados traballos;...

[Ler máis]

06-04-15

México: a epidemia da tortura

A campaña de Amnistía Internacional STOP TORTURA forma parte da loita global da nosa organización contra tal aberrante práctica; para lograr que todas as persoas gocen de protección fronte a esta, pide aos gobernos que implanten mecanismos para previla e castigala. Desgraciadamente, a tortura florece en moitos países do mundo onde gobernos hipócritas a prohiben na lei pero a facilitan na práctica, un deles México.

Amnistía Internacional leva máis de 50 anos documentando que en México a lexislación que tipifica a tortura como delito se incumpre case sistematicamente. As deficiencias do sistema de xustiza penal mexicano continúan facendo posibles a detención arbitraria e a obtención de probas e testemuños mediante tortura para logo...

[Ler máis]

10-02-15

O proceso de paz pasa pola restitución de terras a millóns de persoas expulsadas


En Colombia case seis millóns de persoas (o 13 por cento da poboación) foron desprazadas á forza, principalmente polas forzas de seguridade e por paramilitares. As vivendas e medios de vida da xente convertéronse en obxectivo directo no conflito entre as forzas do Estado e a guerrilla.

As ameazas e homicidios, sumados á falta de rigor para aplicar unha lexislación deficiente, están a impedir que se cumpra a promesa do goberno colombiano de devolver ás comunidades campesiñas, indíxenas e afrodescendentes os oito millóns de hectáreas de terra que lles foron arrebatadas ilegalmente.

A lei 1448, cuxa promulgación Amnistía Internacional recibiu con satisfacción, non se está a aplicar de...

[Ler máis]

Amónsanse resultados 31 ao 35 de 128

< Anterior

1

2

3

4

5

6

7

Seguinte >