Logo de Amnistia Internacional
CABECERA

Sección Española | Galicia | Vigo

Formulario para buscar dentro de la web de Amnistía España
CONTENIDO

Inicio  Noticia

Noticia
Vigo. 06-12-15
10 de decembro, Día Internacional dos Dereitos Humanos

Miles de activistas saen á rúa con Persoas que actúan por persoas, a maior campaña polos dereitos humanos en 2015

Haz clic para ampliar

Millóns de activistas e simpatizantes de Amnistía Internacional en todo o mundo dispóñense a participar na campaña Persoas que actúan  por persoas (#PersoasXPersoas) que se enmarca na celebración do Día Internacional dos Dereitos Humanos (10 de decembro). O obxectivo é solicitar cartas e firmas para pedir  a liberdade de activistas encarcerados por disentir pacificamente ou sacar á luz abusos contra os dereitos humanos.

“Cando centos de miles de persoas mostran o seu apoio a un defensor ou a unha defensora dos dereitos humanos, o impacto é enorme e dá a esa persoa a forza que necesita para seguir coa súa loita. Tamén envía aos seus opresores a mensaxe de que non poden manter os seus crimes en segredo e de que o mundo vixía o seu próximo movemento. Esta é a esencia da campaña Persoas que actúan por persoas. Agora máis que nunca, temos que mostrar a nosa solidariedade coas persoas valentes que se alzan polos dereitos humanos a pesar dos riscos " manifestou Antonio Alonso, portavoz de Amnistía Internacional en Vigo.

En España, os activistas sairán á rúa nas ciudades de A Coruña, Albacete, Barcelona, Cáceres, Córdoba, Lugo, Madrid, Murcia, A Palma, Tarragona, Toledo e Valencia entre outras. Na nosa cidade será na rúa do Príncipe o 10 de decembro ás 7.00 da tarde, para pedir:

  • A excarceración inmediata de Fred Bauma e Yves Makwambala, presos de conciencia en República Democrática do Congo. En marzo de 2015, as forzas de seguridade irromperon nunha conferencia de prensa organizada por Filimbi, movemento xuvenil que anima a participar en accións e debates políticos pacíficos. Fred e Ives, membros da organización, foron detidos xunto a outras 28 persoas. A maioría foron liberados, pero eles continúan encarcerados acusados de formar unha banda delituosa e de tentar derrocar o presidente Kabila. Non hai probas contra eles.


  • A liberdade de Rania Alabbasi e dos seus 6 fillos (5 nenas e 1 neno) de 3 a 15 anos. Ela é unha dentista de éxito en Damasco (Siria). O 9 de marzo de 2013,  axentes do Goberno sirio chegaron á súa casa e levaron o seu marido; dous días despois levaron o resto da familia. Non se volveu saber deles.

As campañas logran importantes vitorias

Grazas ós miles de cartas e peticións enviadas por simpatizantes de Amnistía Internacional na campaña de 2014 batéronse récords con 3.245.565 mensaxes ofrecendo apoio ou esixindo medidas contra os abusos en materia de dereitos humanos.

A campaña de 2013, conseguiu a excarceración de tres presos de conciencia: O activista cambodjano en favor do dereito á vivenda Yorm Bopha, o líder comunitario de Myanmar o doutor Tun Aung e o manifestante ruso Vladimir Akimenkov

O 28 de maio de 2015, o gobernador do estado do Delta, Emmanuel Uduaghan, indultou e excarcerou o nixeriano sobrevivinte da tortura Moses Akatugba tras recibir peticións de indulto de 800.000 simpatizantes de Amnistía Internacional. Moses fora condenado á morte polo roubo a man armada de tres teléfonos móbiles -delito que di que non cometeu- baseándose nunha "confesión" obtida baixo tortura.

“Sen os miles de cartas de apoio que enviaron, poida que nunca me puxesen en liberdade" escribiu nunha carta a simpatizantes de Amnistía Internacional.

.

Ameazas á liberdade de expresión

A campaña Persoas que actúan por persoas ilustra a presión cada vez maior á que está sometida a liberdade de expresión: reclama a liberdade de persoas en prisión ou que poderían ser xulgadas pola súa disidencia pacífica.

 Segundo o Informe Anual de 2014 de Amnistía Internacional, o ano pasado case tres cuartas partes dos Estados (119 países dos 160 incluídos no informe) restrinxiron arbitrariamente a liberdade de expresión con medidas como a represión da liberdade de prensa,  o peche forzoso de xornais, e ameazas e ataques contra xornalistas.