Logo de Amnistia Internacional
CABECERA

Sección Española | Galicia | Vigo

Formulario para buscar dentro de la web de Amnistía España
CONTENIDO

Inicio  Noticia

Noticia
Vigo. 18-06-18
AMAR NON É UN DELITO: A NOSA LOITA EN ÁFRICA

Amnistía Internacional de Vigo inaugura a exposición “Amar non é un delito” incluida dentro da programación Orgullo LGTBIQ+ Vigo2018 que a Asociación Nos Mesmas organiza durante todo o mes de xuño.

Haz clic para ampliar

 

A inauguración terá lugar o  21 de xuño ás 18.30 no Centro Cívico Casco Vello, Rúa Oliva 12.  A continuación celebrarase unha mesa redonda ás 19.00 na Casa Galega dá Cultura, Praza da Princesa 2, na que intervirán Mariana Jorge Lozano, filóloga e activista de AI, e Khadija Afkir O Majrissi, coordinadora da área de atención psicosocial da ONG KifKif, migración e refuxio LGTBI. 

Esta mostra non pretende retratar as voces, discursos e actores homófobos e tránsfobos que alentan a violencia, discriminación e violación dos dereitos humanos das persoas lesbianas, gais, bisexuais, transxénero e intersexuais ( LGBTI). Pola contra, trátase dunha exposición cun “enfoque positivo”, que retrata os rostros e corpos de todas aquelas persoas que mesmo coa súa vida loitan incansablemente polos seus dereitos e polos da comunidade LGBTI nos seus respectivos países. 

 

Ao poñer luz e cor á loita diaria de activistas e cidadáns anónimos contra a intolerancia búscase facer entender que en África o odio se combate con empeño. Ao mesmo tempo é unha forma de render homenaxe a dúas persoas que deron a súa vida por defender que amar non é delito ningún: Noxolo Nogwaza e Jean-Claude Roger Mbédé.