Logo de Amnistia Internacional
CABECERA

Sección Española | Galicia | Vigo

Formulario para buscar dentro de la web de Amnistía España
CONTENIDO

Inicio  Noticia

Noticia
Vigo. 13-10-16
Amnistía Internacional arrinca coa campaña #YoAcojo

Os países ricos non poden seguir contribuíndo ao agravamento da crise de persoas refuxiadas

Haz clic para ampliar

O vindeiro sábado 15 de outubro, as 11.00 horas, na Porta do Sol, faremos un acto de rúa que se enmarca dentro da campaña #YoAcojo  de Amnistía Internacional e no que recolleremos adhesións ao manifesto e firmas en apoio aos refuxiados.

Os países ricos demostran unha absoluta falta de liderado e responsabilidade ao deixar que só 10 países  -que representan menos do 2,5% do PIB mundial- reciban o 56% da poboación refuxiada do mundo (21 millóns de persoas). Algo que para Amnistía Internacional contribúe a que se agudice a crise de persoas refuxiadas no mundo.

Mentres moitas das persoas refuxiadas en Grecia, Iraq, a illa de Nauru ou a fronteira entre Siria e Xordania necesitan con urxencia un fogar, outras en Kenya e Paquistán sofren un acoso cada vez maior por parte dos gobernos.

“Só 10 dos 193 países do mundo albergan  máis da metade das persoas refuxiadas. Uns poucos vense  obrigados a facer moito máis do que lles corresponde, polo simple feito da  súa proximidade a zonas de crise. Esta situación non é sustentable e condena a un sufrimento e miseria intolerables os millóns de persoas que foxen da guerra e a persecución en países como Siria, Sudán do Sur, Afganistán e Iraq”, afirmou Antía Pérez Lorenzo,  portavoz de Amnistía Internacional Vigo.

Amnistía Internacional puxo en marcha a campaña #YoAcojo, que pretende conseguir un compromiso internacional para compartir a responsabilidade de garantir a protección destas persoas. Ao longo da campaña a organización pedirá aos líderes mundiais que acepten unha porcentaxe equitativa de persoas refuxiadas de acordo á súa capacidade de acollelos.

“Ademais do aumento do número de persoas que acollan, pediremos que se destinen investimentos adecuados para cubrir as súas necesidades básicas, ou que se facilite apoio económico significativo aos países que acollen un maior número de refuxiados".

O mundo non pode seguir deixando que os países de acollida se vexan  saturados pola súa proximidade con países en crise, sen recibir ningún tipo de axuda.

"Amnistía Internacional  Vigo sae á rúa o próximo día 15 porque somos conscientes de que se non actuamos, morrerá xente, xa sexa afogada, por enfermidades  contraídas en campamentos ou centros de detención, ou ao seren obrigadas a regresar ás zonas de conflito das que fuxiron”

“Os líderes mundiais foron totalmente incapaces de acordar un plan para protexer os 21 millóns de persoas refuxiadas do mundo. Pero cando os líderes fracasan, as persoas, a través de campañas como #YoAcojo,deben actuar para lembrarlles que non se trata só do número de persoas refuxiadas acollidas, senón de que moitos dos países máis ricos son os que menos reciben e os que menos están a facer. Algo que non se pode tolerar”,  destacou a portavoz de Amnistía Internacional en Vigo.