Logo de Amnistia Internacional
CABECERA

Sección Española | Galicia | Vigo

Formulario para buscar dentro de la web de Amnistía España
CONTENIDO

Inicio  Noticia

Noticia
Vigo. 08-02-16
CELEBRACIÓN DO ANO NOVO CHINÉS

O próximo 13 de febreiro, sábado, sairemos á rúa para celebrar un acto coincidindo coa celebración do Ano Novo Chinés, que comeza o 8 de febreiro.

Haz clic para ampliar

 

China celebra coas festas de Primavera o comezo do seu Ano Novo, que en 2016 coincide co 8 de febreiro e é o Ano do Mono. Nesa data as familias desprázanse para reunirse e desexarse o mellor para o ano que comeza. Como todos os anos, desde Amnistía Internacional expresaremos os nosos bos desexos cara á poboación chinesa e tentaremos que cheguen ao seu goberno a través da súa embaixada e teñan unha repercusión o máis ampla posible.

Unha vez máis pediremos o fin das violacións dos dereitos humanos en China e centrarémonos en catro áreas temáticas (liberdade para a avogacía que defende os dereitos humanos, liberdade de expresión, respecto á etnia uigur e fin da tortura baixo custodia / detención incomunicada) e nos casos emblemáticos da avogada Wang Yu La, a profesora activista polos dereitos da muller Su Changlan, o líder relixioso uigur Abdukiram Abduveli que leva 24 anos en prisión sen ter sido asistido nunca por un avogado, o respectado profesor e escritor uigur Ilham Tohti, detractor declarado da política que Pequín aplica aos uigures e Liu Ping pertencente a un  movemento cidadán  de activistas cuxa finalidade é promover a transparencia do goberno e evidenciar a súa corrupción.  Entre as áreas nas que os dereitos humanos son vulnerados fíxose unha elección baseada en tres criterios: a súa gravidade, o descoñecemento da mesma e a súa repercusión na poboación.

É un costume chinés para celebrar o comezo do Ano Novo  adornar as casas con tiras vermellas. Amnistía Internacional convida os vigueses a expresar os seus bos desexos para os habitantes de China participando nunha acción na rúa do Príncipe esquina con Velázquez Moreno o sábado 13 de febreiro de 11.30 a 13.30. Repartiranse tiras pedindo que os avogados dos dereitos humanos poidan exercer libremente a súa profesión; que se poña fin ás limitacións da liberdade de circulación das persoas; que se levante a censura sobre a prensa e os escritores; que China cumpra co seu compromiso de acabar coa tortura e outros malos tratos nos centros de detención; que se acaben os arrestos domiciliarios, que inclúen as familias dos acusados; que finalice o acoso e fustrigación aos que expresan pacificamente as súas ideas; que se respecten e protexan os dereitos da etnia uigur e os doutros grupos étnicos e que se libere os presos que arriba se citan.