Logo de Amnistia Internacional
CABECERA

Sección Española | Galicia | Vigo

Formulario para buscar dentro de la web de Amnistía España
CONTENIDO

Inicio  Noticia

Noticia
Vigo. 14-02-18
Colombia, impunidade e guerra en tempos de paz
Haz clic para ampliar

O día 19 de febreiro ás 8.30 da tarde Amnistía Internacional Vigo celebrará unha charla-coloquio no Café De Catro a Catro na rúa Gerona da nosa cidade. Estará   a cargo de Gustavo Pedraza Salcedo, estudante colombiano acollido por Amnistía Internacional no seu programa de protección de dereitos humanos para persoas perseguidas por cuestións políticas. Pedraza dará tamén unha charla no IES San Paio de Tui para acercar aos estudantes a terrible realidade do seu país.

 Este defensor dos dereitos humanos colombiano tivo que abandonar o seu país polas persecucións e ameazas contra a súa vida e a súa liberdade, despois de denunciar a  desaparición, tortura e posterior asasinato por móbiles políticos do seu irmán:  Carlos Pedraza Salceda, gran defensor dos dereitos humanos, formaba parte do Movemento Nacional de Vítimas de Crimes de Estado (MOVICE), así como do Movemento Político, Social e de Masas do Centro Oriente Colombiano. A súa participación e denuncia en procesos políticos de relevancia custoulle a vida hai 3 anos. 

 Tres anos de impunidade, manipulacións, ocultación da verdade, ameazas e persecucións por parte do goberno colombiano que levaron ao exilio a Pedraza e a súa familia. A pesar de todo, non cesará na súa loita polos dereitos humanos nin na súa busca da verdade e a xustiza.  

 Eles non son os únicos que sofren a represión do goberno. Tras os diálogos de paz e firma de acordos coas FARC-EP na Habana, a violencia estendeuse por todo o territorio nacional, especialmente contra os reclamantes de terra, activistas ambientais, xornalistas alternativos e contra todo aquel que pensa, di ou fai diferente ás políticas do goberno actual.

 Baixo o título "Colombia, impunidade e guerra en tempos de paz",

a xira de conferencias de Gustavo Pedraza por diversas localidades galegas está organizada por Amnistía Internacional Galicia e se enmarca dentro da campaña “Valente”, que defende a defensores dos dereitos humanos en todo o mundo.