Logo de Amnistia Internacional
CABECERA

Sección Española | Galicia | Vigo

Formulario para buscar dentro de la web de Amnistía España
CONTENIDO

Inicio  Noticia

Noticia
Vigo. 22-02-16
EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA

¿Avanzamos? Os dereitos das mulleres e as nenas

Haz clic para ampliar

 

A loita polos dereitos humanos de mulleres e nenas en todo o mundo foi e segue a ser un obxectivo prioritario de Amnistía Internacional. Por esta causa e co título de “¿Avanzamos? Os dereitos das mulleres e as nenas”  Amnistía Internacional Vigo organiza unha exposición na Sala de Exposicións de AFUNDACIÓN en Policarpo Sanz nº 24 do 3 ao 30 de marzo, de luns a sábado en horario de 17.30 a 20.30.

De Burkina Fasso a El Salvador, pasando  por Siria, India, China ou Marrocos, mulleres e nenas ven vulnerados os seus dereitos  a diario polo feito de seren mulleres: desde negarlles o acceso a métodos anticonceptivos se non teñen permiso do marido ata sufrir acoso, violencia sexual  ou matrimonios forzosos, abusos que sofren tamén nos campos de refuxiados ou no transcurso da viaxe cando se ven obrigadas a fuxir dos seus países. España, onde seguen existindo graves deficiencias na protección contra a violencia de xénero, tampouco está libre de culpa.

No medio deste panorama desalentador, hai que destacar que a  acción de miles de persoas unidas para loitar polos seus dereitos logra mellorar a vida de mulleres e nenas: as mozas de Mozambique e Marrocos xa non poderán ser condenadas a casar co seu violador grazas a que  se logrou que se cambiasen os códigos penais que permitían tal aberración; Guadalupe de El Salvador conseguiu o indulto do ‘delito’ de sufrir un aborto espontáneo nun país onde o aborto está prohibido en calquera circunstancia.