Logo de Amnistia Internacional
CABECERA

Sección Española | Galicia | Vigo

Formulario para buscar dentro de la web de Amnistía España
CONTENIDO

Inicio  Noticia

Noticia
Vigo. 12-01-16
GUANTÁNAMO

Acto de rúa polo peche de Guantánamo o sábado 16 de xaneiro.

Haz clic para ampliar

 

Amnistía Internacional convoca un acto de protesta o próximo sábado 16 de xaneiro,  de 11.30 a 14 na rúa do Príncipe, para recordar que se cumpren 14 anos da entrada en funcionamento da prisión da baía de  Guantánamo, Cuba,  que o presidente Barack Obama prometeu pechar en xaneiro de 2010 como moi tarde. Na actualidade, permanecen detidos alí 104 homes; 45 deles recibiron luz verde para seren  transferidos a outro lugar, pero permanecen no cárcere. A obstrución do  Congreso estadounidense ao peche ameaza con situar a Estados Unidos entre os países que desprezan sistematicamente as normas internacionalmente acordadas de xustiza e dereitos humanos.

O goberno de Obama insinuou un plan para pechar o centro trasladando  algúns dos detidos a Estados Unidos para que continúen alí a súa detención indefinida."O único que faría a proposta do presidente Obama de recolocar algúns detidos para que continúen en detención indefinida en Estados Unidos é cambiar o código postal de Guantánamo. Ademais, sentaría un perigoso precedente que podería ser explotado por gobernos futuros. O presidente Obama debe poñer fin á detención indefinida sen cargos, non trasladala de lugar”, manifestou Naureen Shah,  directora do Programa de Seguridade e Dereitos Humanos de Amnistía Internacional Estados Unidos

Amnistía Internacional leva máis de 10 anos pedindo ás autoridades estadounidenses que poñan fin á ilegalidade e á inxustiza de Guantánamo. O goberno estadounidense debe pechar Guantánamo de inmediato e finalizar a política de falta de respecto polos dereitos humanos que simboliza este centro de detención. Debe renegar da súa doutrina da guerra global e incorporar as normas internacionais de dereitos. En palabras de Naureen Shah, a poboación de Guantánamo pode reducirse substancialmente transferindo xa os presos e o Pentágono debe recibir ordes claras do presidente para acelerar as transferencias a outros países considerados seguros; os detidos que non poidan ser transferidos deben ser acusados ante un tribunal federal ou postos en liberdade e débense ampliar as investigacións sobre os informes de tortura e outras violacións de dereitos humanos.

Ao presidente Obama quédalle só un ano no cargo para cumprir o seu compromiso. Está en xogo o seu legado de dereitos humanos e o da nación. Non será doado, pero pode e debe facer o correcto.