Logo de Amnistia Internacional
CABECERA

Sección Española | Galicia | Vigo

Formulario para buscar dentro de la web de Amnistía España
CONTENIDO

Inicio  Noticia

Noticia
Vigo. 17-01-17
Guantánamo, dobre moral para os dereitos humanos

Amnistía Internacional Vigo convoca un acto de protesta o vindeiro sábado 21 de xaneiro, de 11.30 a 14.00 na rúa do Príncipe (esquina con Urzaiz) para esixir o peche da prisión da baía de Guantánamo en Cuba, que o presidente Barack Obama prometeu levar a cabo en xaneiro de 2010, como moi tarde. Pero a base naval está a piques de ter un novo comandante en xefe: o presidente electo Trump declarou antes da súa elección que manterá aberto o centro de detención que “vai encher de malos”.

Haz clic para ampliar

 Na actualidade, permanecen detidas  55 persoas, 45 delas sen cargos nin xuízo. As outras 10 foron ou están a ser sometidas a actuacións da comisión militar que non respectan as garantías procesuais internacionais, que son vinculantes para Estados Unidos. Seis poderían de feito ser condenadas á morte tras ser xulgadas sen as debidas garantías.

 O 1 de xaneiro de 2017 Estados Unidos ocupou o seu posto, cun mandato de tres anos, no Consello de Dereitos Humanos da ONU. No “manifesto” electoral a favor da súa candidatura, Estados Unidos prometeu defender os dereitos contidos na Declaración Universal de Dereitos Humanos, cumprir as obrigacións contraídas en virtude dos tratados de dereitos humanos e colaborar significativamente cos órganos de tratados da ONU.

Dez días despois, o 11 de xaneiro de 2017, cumpriuse o 15º aniversario das primeiras detencións na base naval estadounidense de Guantánamo,  detencións radicalmente contrarias á Declaración Universal de Dereitos Humanos, ás obrigacións de Estados Unidos en materia de dereitos humanos e ás recomendacións dos órganos da ONU que vixían o seu cumprimento.

     Nestes 15 anos, Estados Unidos tense auto-proclamado paladín mundial dos dereitos humanos mentres recorría á tortura e á desaparición forzada, en Guantánamo e noutros lugares. Ademais, négase a levar ante a xustiza os perpetradores destes crimes de dereito internacional.

Amnistía Internacional nunca deixou de pedirlle  ao presidente Obama, mesmo no breve tempo que quedaba antes de deixar o cargo, que cumprise a súa promesa de poñer fin ás detencións en Guantánamo e aínda que o número de presos diminuíu, a promesa finalmente non se cumpriu.  O anterior goberno culpou o Congreso de bloquear a medida pero a lexislación e a política nacionais non son escusas lexítimas -en virtude do dereito internacional- para que un país non respecte as obrigacións contraídas nos tratados.

 

Non é probable que Estados Unidos aceptase esas escusas por violacións de dereitos humanos se as ofrecesen outros gobernos. O resto do mundo non debería aceptalas de Estados Unidos. Amnistía Internacional seguirá esixindo ao novo presidente que poña fin a esta situación