Logo de Amnistia Internacional
CABECERA

Sección Española | Galicia | Vigo

Formulario para buscar dentro de la web de Amnistía España
CONTENIDO

Inicio  Noticia

Noticia
Vigo. 28-03-16
II CONCURSO DE MICRORRELATOS XUVENIL

ENTREGA DE PREMIOS

Haz clic para ampliar

 

O II Concurso de Microrrelatos Xuvenil convocado pola Rede de Escolas de Amnistía Internacional  Vigo chega á súa última etapa co acto de entrega de premios aos gañadores o vindeiro xoves 31 de marzo ás 19.30 na sala de conferencias da sede de Afundación en Policarpo Sanz 24-26.

A campaña a favor dos refuxiados que Amnistía Internacional Vigo  está a levar a cabo nos centros da Rede de Escolas presta o título ao  concurso, dirixido a alumnos de Institutos de Ensino Secundario da provincia de Pontevedra: “Primeiro as persoas, logo as fronteiras”. O  obxectivo é  que o alumnado tome conciencia da necesidade da súa implicación na defensa dos Dereitos Humanos e que reflexionen sobre  a crecente crise de refuxiados que o mundo está a vivir nos últimos anos. Miles de persoas que tomaron a difícil decisión de abandonar os seus países para lograr unha vida mellor ou para escapar de abusos contra os dereitos humanos,  para deixar atrás a tortura, a persecución, os conflitos armados, a pobreza extrema ou mesmo a morte, ven agora que os gobernos occidentais gastan millóns en controlar as fronteiras mentres a xente morre en condicións inhumanas.       

 O acto de entrega de premios da presente edición -premio do xurado e premio ao relato máis votado nas redes- contará coa presenza da politicóloga e activista cultural sirio-galega Nour Al-Hussen Villa e  a do escritor Francisco Castro Veloso que falará do seu libro  “O Corazón da Branca de Neve”, relacionado coa inmigración.