Logo de Amnistia Internacional
CABECERA

Sección Española | Galicia | Vigo

Formulario para buscar dentro de la web de Amnistía España
CONTENIDO

Inicio  Noticia

Noticia
Vigo. 09-01-16
II CONCURSO DE MICRORRELATOS XUVENIL

Amnistía Internacional convoca o II Concurso de Microrrelatos Xuvenil para maiores de 14 anos matriculados en calqueira Instituto de Ensinanza Secundaria da provincia de Pontevedra.

Haz clic para ampliar

A Rede de Escolas de Amnistía Internacional de Vigo, co obxectivo de fomentar a reflexión sobre a campaña:  Primeiro as persoas, logo as fronteiras que se está a levar adiante na Rede de Escolas polos Dereitos Humanos de Amnistía Internacional durante este curso, convoca o II Concurso de Microrrelatos Xuvenil.

Poderá participar neste concurso calquera persoa maior de 14 anos matriculada nun Instituto de Ensino Secundario da provincia de Pontevedra. O prazo para enviar os relatos será dende o 8 de xaneiro ata o 22 de febreiro de 2016. Ámbolos  días incluídos. Remitiranse a través do formulario web dispoñible nesta ligazón:

https://docs.google.com/forms/d/1m03aY8-oaCmuycdROy8017EeE__UDmvR_QQe2vPNOoU/viewform?c=0&w=1

Nesta outra ligazón podedes consultar as bases do concurso:

https://www.facebook.com/media/set/?set=a.10153565903118801.1073741879.301243608800&type=3&uploaded=2 

Cada autor/a poderá presentar un máximo de 1 microrrelato.

O contido do texto deberá estar relacionado co tema sinalado: Primeiros as persoas, logo as fronteiras. Os dereitos humanos das persoas refuxiadas. Dereito ao asilo. O dereito á libre circulación das persoas. A resposta internacional na actualidade. A resposta da xente...

A imaxe do cartel, dúas irmás separadas por unha fronteira, suxire moitas emocións e ideas que poden servir como punto de partida ao texto.

O microrrelato, que deberá ser orixinal ou inédito, terá una extensión máxima de 250 palabras, e poderá redactarse en galego ou castelán.

 

Os gañadores ou gañadoras do concurso serán premiados cun lote de libros e unha escultura de Amnistía Internacional. O xurado estará presidido por un escritor ou escritora.


Arquivos:
diptico_interior.pdf