Logo de Amnistia Internacional
CABECERA

Sección Española | Galicia | Vigo

Formulario para buscar dentro de la web de Amnistía España
CONTENIDO

Inicio  Noticia

Noticia
Vigo. 27-01-17
III CONCURSO XUVENIL DE MICRORRELATOS

Amnistía Internacional convoca o III Concurso de Microrrelatos Xuvenil para maiores de 14 anos matriculados en calqueira Instituto de Ensinanza Secundaria da provincia de Pontevedra.

Haz clic para ampliar

 

A campaña mundial de Amnistía Internacional “Eu Acollo” pide un lugar de acollida seguro para que máis de 21 millóns de persoas refuxiadas que foxen da guerra, o terror, a persecución e a violencia, poidan refacer as súas vidas. Delas, o 49% constitúeno as mulleres e as nenas, que se  ven particularmente afectadas por desigualdades de xénero e de poder. España, con 996 refuxiados, atópase á cola dos países que acollen.

Eu Acollo” lévase a cabo tamén nos centros escolares da Rede de Escolas de Amnistía Internacional que convoca agora o III Concurso de Microrrelatos Xuvenil, co obxectivo de fomentar a reflexión  sobre o labor da mesma na promoción e defensa dos Dereitos Humanos.

O título xenérico do concurso deste ano 2017 será “Terra de Acollida”. O contido do texto terá que estar relacionado co tema e  buscará  o punto de vista dos que acollen a refuxiados no seu país, na súa localidade; buscará o momento do recibimento, do abrazo, da solidariedade, da humanidade e da empatía cos que buscan asilo, axuda, calor humana. O microrrelato, que deberá ser orixinal ou inédito, terá unha extensión máxima de 250 palabras e poderá redactarse en galego ou en castelán.

Poderán participar  os estudantes maiores de 14 anos matriculados en Institutos de Ensino Secundario da provincia de Pontevedra e  haberá  dúas categorías por idade. O prazo para enviar os relatos será desde o 3 de febreiro ata o 3 de marzo de 2017. Remitiranse a través do seguinte formulario web:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfPNcuGDX3Wck8mS1v4M7QKs2AjVlyONpnm-IC9oQq8piiAVw/viewform?c=0&w=1

Nesta outra ligazón podedes consultar as bases do concurso, tamén dispoñibles no arquivo pdf adxunto:

https://www.facebook.com/pg/amnistiavigo/photos/?tab=album&album_id=10154632351958801 

Nas seguintes ligazóns tendes os microrrelatos para votar no facebook. Na primeira están os correspondentes á categoría de "Maiores de 16 anos"

https://www.facebook.com/pg/amnistia.ourense/photos/?tab=album&album_id=1819496331643960 

Nesta outra están os da categoría "16 anos e menores"

https://www.facebook.com/pg/amnistia.ourense/photos/?tab=album&album_id=1819492568311003 

Os gañadores do concurso serán premiados cun lote de libros e unha escultura de Amnistía Internacional realizada pola escultora galega Cuqui Piñeiro. O xurado estará presidido por un escritor ou escritora. Haberá tamén un premio para o relato máis popular, que será votado a través  do facebook do Grupo Local de Amnistía Internacional

Amnistía Internacional quere así sacar á luz a necesidade de cumprir co dereito internacional para que os nosos compromisos de acollida se fagan realidade. Aínda que o paso que deu o goberno coa  chegada de refuxiadas/os en decembro e xaneiro é valorado como positivo, Amnistía Internacional lembra que quedan moitos aos que axudar e que o 86% desas persoas están na actualidade en países de ingresos medios e baixos. O egoísmo dos estados ricos, que deixan recaer esta crise mundial nos países máis pobres, lonxe de axudar a resolvela, empeóraa.


Arquivos:
Diptico_interior.pdf