Logo de Amnistia Internacional
CABECERA

Sección Española | Galicia | Vigo

Formulario para buscar dentro de la web de Amnistía España
CONTENIDO

Inicio  Noticia

Noticia
Vigo. 01-03-17
#InauguramosCidadeAcolledora

Acto público de Amnistía a favor das persoas refuxiadas.

Haz clic para ampliar

 

O vindeiro sábado 4 de Marzo ás 12.00 horas, Amnistía Internacional Vigo convoca un acto que a organización vai levar a cabo en  localidades de toda España para conseguir o compromiso real das autoridades dos concellos  coa acollida de persoas refuxiadas.

O Goberno central comprometeuse a acoller un total de 17.327 persoas ata setembro deste ano e de momento só chegaron 1.141. Amnistía Internacional quere que os Concellos fagan público o numero real  de persoas que terían a posibilidade de acoller, coa finalidade de facer presión sobre o Goberno para que asuma dunha vez a súa responsabilidade coa acollida dos que foxen da guerra e da persecución.

Para iso, levaremos a cabo unha celebración na Praza da Princesa,  e será o Alcalde de Vigo o encargado de facer chegar ás  autoridades estatais o compromiso de que este sábado #Inauguramos Cidade, unha cidade acolledora.

 

No transcurso do acto, que será presentado polo artista vigués Cándido Pazó, procederase  a facer o corte simbólico dunha cinta e intervirán o Alcalde Abel Caballero e o Coordinador de Amnistía Internacional Vigo, José Antonio Rodríguez.