Logo de Amnistia Internacional
CABECERA

Sección Española | Galicia | Vigo

Formulario para buscar dentro de la web de Amnistía España
CONTENIDO

Inicio  Noticia

Noticia
Vigo. 02-02-18
IV CONCURSO DE MICRORRELATOS XUVENIL

DETRÁS DE CADA PORTA HAI UNHA HISTORIA

A Rede de Escolas de Amnistía Internacional Vigo convoca o IV Concurso de Microrrelatos Xuvenil, co obxectivo de fomentar a reflexión sobre o labor da organización na promoción e defensa dos Dereitos Humanos, en concreto nesta convocatoria o dereito á vivenda.

Haz clic para ampliar

 

 Amnistía Internacional continúa adiante coa súa campaña “O dereito á vivenda # Nonsevende”. Aínda que outros temas ocupan agora as cabeceiras dos nosos xornais, o problema segue existindo: centos de miles de persoas perderon a súa vivenda ou corren o risco de perdela, sendo as máis afectadas as mulleres. A vivenda social, que xoga un papel crave na satisfacción do dereito á vivenda, conta en España cunha das porcentaxes máis baixas da UE, o 2%. E mentres o Tribunal de Xustiza da Unión Europea  ditaminou que a lei española de desafiuzamentos é contraria á lexislación europea, ao non protexer os cidadáns fronte a cláusulas abusivas, as medidas adoptadas polo Goberno son insuficientes e regresivas e contribúen á desprotección e desamparo da cidadanía.

O título xenérico do concurso deste ano 2018 será “Detrás de cada porta hai unha historia” e busca a reflexión sobre o ameazado dereito á vivenda. O contido do texto terá que estar relacionado co tema e procurará o punto de vista e as emocións dos miles de persoas que non teñen fogar ou que foron desaloxadas así como os daquelas que lles ofrecen o seu apoio e solidariedade. O microrrelato, que deberá ser orixinal ou inédito, terá unha extensión máxima de 250 palabras e pode redactarse en galego ou en castelán

Poderán participar os estudantes maiores de 14 anos matriculados en Institutos de Ensino Secundario da provincia de Pontevedra e haberá dúas categorías por idade. O prazo para enviar os relatos será desde o 5 de febreiro ata o 9 de marzo de 2018. Remitiranse a través do seguinte formulario web: 

https://goo.gl/forms/erTxSMmFN3FPwtO02

Tamén se poden consultar as bases no arquivo adxunto en pdf ao final desta páxina.

 Os gañadores/ as  recibirán como premio un lote de libros e unha escultura de Amnistía Internacional realizada pola escultora galega Cuqui Piñeiro. Haberá tamén un premio para o relato máis popular, que será votado a través do facebook do Grupo Local de Amnistía Internacional.


Arquivos:
diptico_4_concurso_microrrelatos1.pdf