Logo de Amnistia Internacional
CABECERA

Sección Española | Galicia | Vigo

Formulario para buscar dentro de la web de Amnistía España
CONTENIDO

Inicio  Noticia

Noticia
Vigo. 16-06-16
Lanzamento da campaña #Río2016: Brasil, ¡non pases olímpicamente!

Amnistía Internacional pide ás autoridades brasileiras e ás entidades organizadoras dos Xogos Olímpicos que preveñan o uso excesivo da forza por parte dos corpos de seguridade.

2.469 persoas morreron a mans da policía en Río de Xaneiro desde que a cidade foi elixida sé dos Xogos Olímpicos en xaneiro de 2009.

Durante a organización do Mundial de Fútbol en 2014, a policía do estado de Río de Xaneiro matou 580 persoas, un 40% máis que en 2013; en 2015, esta cifra ascendeu a 645 persoas.

Brasil aprobou recentemente a Lei Xeral dos Xogos Olímpicos, que impón novas restricións á liberdade de expresión e de reunión pacífica en Río de Xaneiro.

Haz clic para ampliar

Que Brasil deixe de ser campión de homicidios e comece a bater  récords  en dereitos humanos. Ese é o obxectivo da nova campaña de Amnistía Internacional que, co lema "¡Non pases olimpicamente!", denuncia o aumento do número de homicidios por parte das forzas de seguridade desde que o país foi elixido anfitrión do Mundial de Fútbol en 2014 e Río de Xaneiro sé dos Xogos Olímpicos que se celebrarán este verán, e esixe ás autoridades competentes  respecto aos dereitos humanos.

 

O vindeiro sábado 18 de xuño de 11.0 a 14.00 horas,  Amnistía Internacional unirase cun acto de rúa á 2ª etapa da Copa de España de Patinaxe Freestyle Slalom Series no pavillón deportivo de Navia, onde se celebra, para insistir na vulneración dos dereitos  humanos en Brasil e solicitar o apoio dos cidadáns cunha recollida de firmas.

 

Os datos son moi reveladores: Brasil está entre os campións mundiais en homicidios, con case 60.000 por ano, dos que arredor de 40.000 foron por armas de fogo -un bo número deles por violencia policial-. A violencia letal é selectiva: os mozos negros son o principal grupo de risco. En 2015, a policía foi responsable de un de cada cinco homicidios cometidos en Río de Xaneiro. Só desde 2009, cando a cidade foi elixida sé dos Xogos Olímpicos, e ata decembro de 2015, morreron 2.469 persoas a mans da policía. Durante a organización da Copa Mundial de Fútbol en 2014, a policía do estado de Río de Xaneiro matou 580 persoas, un 40% máis que en 2013. Unha cifra que en 2015 aumentou a  645 (307 só na cidade).



“Parece que Brasil aprendeu moi pouco dos grandes erros que cometeu durante anos en materia de seguridade pública. A política de “disparar primeiro e preguntar despois” converteu Río de Xaneiro nunha das cidades máis letais do planeta”, sinala Antía Pérez Lorenzo, portavoz de Amnistía Internacional en Vigo

 

Leis contra a liberdade de expresión e de reunión


As autoridades anunciaron recentemente o despregue de uns 65.000 axentes de policía e 20.000 soldados para vixiar os Xogos Olímpicos, na que podería ser a maior operación de seguridade da historia de Brasil.
Amnistía Internacional advirte de que non se aprenderon as leccións da Copa Mundial 2014. En marzo de 2016, a entón presidenta Dilma Rousseff asinou unha nova Lei Antiterrorista cunha redacción tan excesivamente vaga que deixa aberta a posibilidade de ser utilizada inxustamente contra manifestantes e activistas pacíficos.


Por outra banda, o 10 de maio de 2016, o Goberno federal asinou unha nova “Lei Xeral dos Xogos Olímpicos” que impón novas restricións ao dereito á liberdade de expresión e de reunión pacífica en moitas zonas da cidade anfitrioa, restricións que son contrarias ás leis e normas internacionais, e non aborda o uso da forza innecesaria e excesiva polas forzas de seguridade cando realizan funcións policiais en reunións. 

Represión Policial durante o Mundial

O Mundial de Fútbol en Brasil en 2014 supuxo un incremento, a partir de 2013, do número de manifestacións para protestar contra a subida do custo dos transportes públicos, os gastos excesivos na organización do Mundial e, por contraste, o insuficiente investimento nos servizos públicos. Ademais do incremento do número de homicidios por parte das forzas de seguridade, Amnistía Internacional documentou casos de represión policial, con uso excesivo da forza contra manifestantes, detencións arbitrarias e intervencións violentas en comunidades marxinadas.

“Nos grandes eventos deportivos, Brasil non só fallou en deixar un legado positivo en termos de seguridade pública, senón que incrementou as violacións de dereitos humanos. É necesario que as autoridades de seguridade pública e as entidades organizadoras dos Xogos Olímpicos de Río 2016 preveñan e actúen contra a vulneración de dereitos humanos” asegura Antía Pérez Lorenzo.

Ademais, a organización puxo en marcha unha acción online  para esixir ás autoridades competentes que preveñan este tipo de actuacións.