Logo de Amnistia Internacional
CABECERA

Sección Española | Galicia | Vigo

Formulario para buscar dentro de la web de Amnistía España
CONTENIDO

Inicio  Noticia

Noticia
Vigo. 04-05-16
As autoridades mexicanas deben liberar inmediatamente a Yecenia Armenta, vítima de tortura

Activistas de Amnistía Internacional librarán unha guerra pública de almofadas para despertar o procurador do Estado de Sinaloa, que leva tres anos “durmido” sen revisar a situación de Yecenia Armenta

Haz clic para ampliar

A Yecenia Armenta colgárona boca abaixo polos nocellos, asfixiárona e violárona. Atopábase nas dependencias da policía secreta mexicana. “Despois de moitas horas, dixen que ía asinar o que querían que asinara. Asineino, aínda vendada. Xamais lin o que asinei”, asegura.

Yecenia pasou máis de tres anos no cárcere de Sinaloa (México), acusada de planificar o asasinato do seu marido. A única proba na súa contra é a súa propia confesión, extraída mediante tortura, ameazas e coaccións.

Amnistía Internacional iniciou unha campaña para esixir a súa liberación ás  autoridades mexicanas. O próximo 7 de maio na Rùa das Avenidas, zona do peirao deportivo da Laxe (estatua do nadador), terá lugar ás 11.30 h unha guerra pública de almofadas co obxectivo de despertar o procurador do Estado de Sinaloa, Marco Antonio Higuera, que leva máis de tres anos “durmido” sen revisar a situación de Yecenia no cárcere.

A guerra enfrontará a dous bandos de activistas e simpatizantes: un, o dos que lucirán caretas do procurador; outro, o dos que esixen a liberación de Yecenia.


Epidemia de tortura en México

O caso de Yecenia é só un dos milleiros documentados por Amnistía Internacional en México. Segundo o último informe sobre tortura neste país publicado en outubro de 2015, a epidemia de tortura en México acadou niveis catastróficos con máis do dobre de denuncias de asfixia, violacións e outros tipos de abuso sexual, choques eléctricos e golpes en todo o estado en 2014.

As autoridades negan a magnitude do problema, amparadas na inexactitude e contradición dos rexistros oficiais sobre tortura e malos tratos en México. Durante 2015, o Goberno mexicano presentou unha Lei contra a Tortura no Parlamento que, non obstante, aínda non se traduciu en medidas efectivas para protexer as persoas e castigar os responsables.

As mulleres son especialmente vulnerables á tortura sexual cando están baixo custodia. Sen embargo, son recluídas en bases militares e instalacións policiais a cargo de axentes homes sen que existan medidas efectivas que garanticen a súa seguridade física fronte aos ataques e as humillacións de carácter sexual. O trauma inflixido a estas mulleres unido á falta de acceso a unha atención médica inmediata, sensible ao xénero e realizada por médicos independientes dificulta que as vítimas denuncien.

Amnistía Internacional insta ao Goberno de México a que libere inmediatamente a Yecenia Armenta e adopte medidas urxentes para erradicar a tortura e garantizar que médicos oficiais, expertos forenses e axentes do ministerio público deixen de facer a vista gorda ante este fenómeno xeneralizado.

Ademais, a organización puxo en marcha unha acción en solidariedade con Yecenia en www.actuaconamnistia.org