Logo de Amnistia Internacional
CABECERA

Sección Española | Galicia | Vigo

Formulario para buscar dentro de la web de Amnistía España
CONTENIDO

Inicio  Noticia

Noticia
Vigo. 29-03-17
Siria: Xa é hora de que haxa xustiza para os millóns de vítimas da guerra

Amnistía Internacional sae á rúa o próximo 1 de abril para pedir #XustizaParaSiria

Haz clic para ampliar

Mentres os crimes de guerra e os crimes de lesa humanidade seguen quedando impunes en Siria, unha campaña de Amnistía Internacional que marca o sexto aniversario da crise pide aos líderes mundiais que emprendan accións inmediatas para ofrecer xustiza, verdade e reparación aos millóns de vítimas do conflito.

A campaña Xustiza para Siria pide aos gobernos que poñan fin á impunidade e fagan realidade a rendición de contas para o pobo sirio a través de dúas vías. Por unha banda, brindándolle apoio, financiando o mecanismo de investigación sobre Siria votado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en decembro de 2016, e doutra banda, aplicando o principio de xurisdición universal para investigar e axuizar, nos seus propios tribunais, aos presuntos autores de crimes de guerra e de crimes de lesa humanidade en Siria.

“Tras seis terribles anos, non hai escusa para permitir que os horrendos crimes de dereito internacional que se están cometendo en Siria queden impunes”, afirmou  Antía Pérez Lorenzo, portavoz de Amnistía Internacional Vigo.

Activistas de Amnistía Internacional saen á rúa para pedir #XustizaParaSiria, pero queren centrar a atención nas graves violacións de dereitos humanos que se están cometendo na prisión militar de Saydnaya.

Esta prisión é o lugar onde o Estado sirio mata brutalmente o seu pobo. As vítimas son, na súa inmensa maioría, civís contrarios á opinión do Goberno. Desde 2011, miles de persoas foron executadas extraxudicialmente en aforcamentos masivos. Moitos morreron tras sufriren torturas ou seren privados de comida, auga, medicamentos e atención médica.

"Para Amnistía Internacional, estes asasinatos, torturas, desaparicións e exterminio que se están producindo na prisión de Saydnaya forman parte dun ataque xeneralizado e sistemático contra a poboación civil por parte do Estado. “Son, sen dúbida, crimes de lesa humanidade", destacou Antía P. Lorenzo. “Por iso, saímos á rúa do Príncipe, cruce con Urzaiz, o próximo 1 de abril as 11.00 para pedir xustiza para as vítimas do conflito de Siria e que os responsables sexan investigados e axuizados".

Siria en cifras

·       Persoas mortas: Máis de 400.000, máis da metade civís. O que significa que polo menos 1 de cada 100 persoas sirias morreu a causa do conflito.

·       Persoas desprazadas internamente: Máis de 8 millóns.

·       Persoas refuxiadas: preto de 5 millóns, a maioría mulleres, nenos e nenas.

·       Vítimas de desaparición forzadas: Ao redor de 75.000.

·       Persoas baixo custodia do goberno sirio vítimas de exterminio (mortas por falta de alimentos, de auga, de atención sanitaria, por condicións inhumanas): Máis de 17.700.

·       Persoas baixo custodia do goberno sirio vítimas de execución extraxudicial: Entre 5.000 e 13.000 no cárcere de Saydnaya.

 

·       Cero perpetradores renderon contas.