Logo de Amnistia Internacional
CABECERA

Sección Española | Galicia

Formulario para buscar dentro de la web de Amnistía España
CONTENIDO

Inicio

Axenda

Axenda
Non hai eventos na axenda.

Paxinas locais

Paxinas locais


Vigo 18-06-18

Amnistía Internacional de Vigo inaugura a exposición “Amar non é un delito” incluida dentro da programación Orgullo LGTBIQ+ Vigo2018 que a Asociación Nos Mesmas organiza durante todo o mes de xuño.


A inauguración terá lugar o  21 de xuño ás 18.30 no Centro Cívico Casco Vello, Rúa Oliva 12.  A continuación celebrarase unha mesa redonda ás 19.00 na Casa Galega dá Cultura, Praza da Princesa 2, na que intervirán Mariana Jorge Lozano, filóloga e activista de AI, e Khadija Afkir O Majrissi, coordinadora da área de atención psicosocial da ONG KifKif, migración e refuxio LGTBI. 

Esta mostra non pretende retratar as voces, discursos e actores homófobos e tránsfobos que alentan a violencia, discriminación e violación dos dereitos humanos das persoas...

[Ler máis]

Galicia 02-05-18

As medidas de austeridade económica adoptadas polo goberno central xa están a producir un efecto devastador en Galicia nas persoas máis vulnerables e marxinadas da sociedade galega, coa existencia de listas de espera excesivamente longas e pacientes que se ven na obriga de racionar a súa medicación para poder aforrar custos.
No novo informe presentado por Amnistía Internacional o 24 de abril de 2018 aos medios de comunicación baixo o título de “A receita equivocada. O impacto das medidades de austeridade no dereito á saúde en España” (Link: https://www.es.amnesty.org/en-que-estamos/campanas/derecho-salud-espana/ ) a nosa organización expón os riscos en material de dereitos humanos que se producen cando se aplica unha política de austeridade como a actual.

O...

[Ler máis]

Galicia 09-04-18


En Amnistía Internacional temos un acordo coa empresa de reciclaxe Movilbak (http://www.movilbak.es/amnistiainternacional) para que os móbiles e tablets que xa non usas poidan axudar a defender os dereitos humanos.

Se tes aparatos que non queres, non os botes ao lixo e dóaos á nosa campaña de reciclaxe.

Como o fago?

Entra en https://www.es.amnesty.org/actua/recicla-tu-movil/ e escolle a modalidade de doazón que queres facer.

Se queres organizar unha recollida de móbiles e desexas doar 30 ou máis, contacta aquí: +34 902 929 605 para solicitar a recollida gratuíta.

Podes descargar a etiqueta prefranqueada para o envío do móbil a través de Correos aquí: 

[Ler máis]

Vigo 14-02-18


O día 19 de febreiro ás 8.30 da tarde Amnistía Internacional Vigo celebrará unha charla-coloquio no Café De Catro a Catro na rúa Gerona da nosa cidade. Estará   a cargo de Gustavo Pedraza Salcedo, estudante colombiano acollido por Amnistía Internacional no seu programa de protección de dereitos humanos para persoas perseguidas por cuestións políticas. Pedraza dará tamén unha charla no IES San Paio de Tui para acercar aos estudantes a terrible realidade do seu país.

 Este defensor dos dereitos humanos colombiano tivo que abandonar o seu país polas persecucións e ameazas contra a súa vida e a súa liberdade, despois de denunciar a  desaparición, tortura e posterior asasinato por móbiles políticos do seu irmán:  Carlos Pedraza Salceda, gran...

[Ler máis]

Galicia 06-02-18

O vindeiro 24 de febreiro de 2018, no Liceo de Ourense, Amnistía Internacional Galicia celebrará a súa primeira asemblea autonómica de socios/as, dando comezo ás 9,30 h en primeira convocatoría.
A Asemblea autonómica é o órgano supremo de representación do goberno de Amnistía Internacional Galicia e nela poden participar todos os socios e socias con enderezo na Comunidade galega, previa inscrición. Porén, inda que todos os socios e socias poden acudir, só aqueles cunha antigüidade mínima de tres meses poderán exercer o seu dereito a voto. O voto pódese delegar noutro socio cos mesmos dereitos. Ademais, aqueles socios cunha antigüidade mínima dun ano poderán ser elixibles para os cargos de Amnistía Internacional Galicia listados a continuación: Presidente/a,...

[Ler máis]

Amónsanse resultados 1 ao 5 de 133

1

2

3

4

5

6

7

Seguinte >