Logo de Amnistia Internacional
CABECERA

Sección Española | Galicia

Formulario para buscar dentro de la web de Amnistía España
CONTENIDO

Inicio

Axenda

Axenda
Non hai eventos na axenda.

Paxinas locais

Paxinas locais


Galicia 06-02-18

O vindeiro 24 de febreiro de 2018, no Liceo de Ourense, Amnistía Internacional Galicia celebrará a súa primeira asemblea autonómica de socios/as, dando comezo ás 9,30 h en primeira convocatoría.
A Asemblea autonómica é o órgano supremo de representación do goberno de Amnistía Internacional Galicia e nela poden participar todos os socios e socias con enderezo na Comunidade galega, previa inscrición. Porén, inda que todos os socios e socias poden acudir, só aqueles cunha antigüidade mínima de tres meses poderán exercer o seu dereito a voto. O voto pódese delegar noutro socio cos mesmos dereitos. Ademais, aqueles socios cunha antigüidade mínima dun ano poderán ser elixibles para os cargos de Amnistía Internacional Galicia listados a continuación: Presidente/a,...

[Ler máis]

Galicia 05-02-18

Do 19 ao 24 de febreiro diferentes localidades galegas contarán coa presenza do defensor de dereitos humanos colombiano Gustavo Pedraza Salcedo. Pedraza realizará una xira por toda a comunidade galega para dar testemuño sobre a actual situación dos dereitos humanos en Colombia e da súa situación propia.

Gustavo Pedraza tivo que abandonar o seu país despois da denuncia da desaparición, tortura e posterior asasinato por móbiles políticos do seu irmán Carlos Pedraza Salcedo. Carlos tamén era un gran defensor dos dereitos humanos e representaba á empresa de distribución “ Zipa”, dende onde promoveu un modelo de economía solidaria baseada na venta de produtos campesiños nas cidades. Ademais, formaba parte do Movemento Nacional de Vítimas de Crimes de Estado (MOVICE),...

[Ler máis]

Vigo 02-02-18

DETRÁS DE CADA PORTA HAI UNHA HISTORIA

A Rede de Escolas de Amnistía Internacional Vigo convoca o IV Concurso de Microrrelatos Xuvenil, co obxectivo de fomentar a reflexión sobre o labor da organización na promoción e defensa dos Dereitos Humanos, en concreto nesta convocatoria o dereito á vivenda.

 Amnistía Internacional continúa adiante coa súa campaña “O dereito á vivenda # Nonsevende”. Aínda que outros temas ocupan agora as cabeceiras dos nosos xornais, o problema segue existindo: centos de miles de persoas perderon a súa vivenda ou corren o risco de perdela, sendo as máis afectadas as mulleres. A vivenda social, que xoga un papel crave na satisfacción do dereito á vivenda, conta en España cunha das porcentaxes máis baixas da UE, o 2%. E mentres o...

[Ler máis]

Galicia 29-01-18

O cuarteto, que contará con Fran Castro como artista invitado, actuará de forma altruísta no teatro Colón o 18 de febreiro

A recadación íntegra do concerto irá destinada á defensa dos Dereitos Humanos, principal obxectivo de AI
A Coruña, luns, 29 de xaneiro

O grupo de folk DOA e Amnistía Internacional unirán as súas forzas para recadar fondos a prol da loita polos Dereitos Humanos, nun concerto que terá lugar o próximo 18 de febreiro no teatro Colón. Esta actuación será o acto principal para festexar os 30 anos de activismo da ONG na Coruña, aniversario que coincide cos 40 anos de Amnistía Internacional en España.

O cuarteto composto por Susana Lorenzo (voz e harmonium), Gertraud Brilmayer (violín e voz); Xoan Piñón (guitarra acústica e eléctrica) membro fundador...

[Ler máis]

Vigo 16-01-18

Amnistía Internacional Vigo convoca un acto de protesta o vindeiro sábado 20 de xaneiro, de 11.30 a 13.00 no Paseo da Corredera deTui para esixir o peche de Guantánamo. Cúmprense 16 anos da apertura do centro de detención e unha vez máis temos que conmemorar este triste aniversario que prefeririamos non ter que marcar nunca no calendario.


Nestes 16 anos, Estados Unidos tense auto-proclamado paladín mundial dos dereitos humanos mentres recorría á tortura e á desaparición forzada. Ademais, négase a levar ante a xustiza os perpetradores destes crimes de dereito internacional. Guantánamo segue sendo un símbolo das graves violacións de dereitos humanos que permanecen impunes, incluídas a detención arbitraria, a detención secreta, a tortura, os malos tratos, as...

[Ler máis]

Amónsanse resultados 6 ao 10 de 134

< Anterior

1

2

3

4

5

6

7

Seguinte >