Logo de Amnistia Internacional
CABECERA

Sección Española | Galicia

Formulario para buscar dentro de la web de Amnistía España
CONTENIDO

Inicio

Axenda

Axenda
Non hai eventos na axenda.

Paxinas locais

Paxinas locais


Vigo 09-12-17

Nova edición de #persoasxpersoas
A campaña #persoasxpersoas que arrinca hoxe no contexto do día internacional dos dereitos humanos e que se manterá vixente ata o próximo 22 de decembro ten como obxectivo principal  conseguir firmas, palabras e accións para facer forza ante as autoridades e mostrar o apoio ás vítimas das violacións de dereitos humanos, seres humanos que por seren os que son, polas súas crenzas ou opinións, sofren acoso e persecución. Persoas de todo o mundo sairán ás rúas para mostrar que a mobilización é unha resposta necesaria fronte ás inxustizas e que é crucial defender a quen nos defende. 

Cada mes de decembro, no marco da que é xa a maior campaña de dereitos humanos do mundo, simpatizantes de Amnistía Internacional de todas partes...

[Ler máis]

Vigo 14-11-17

Co fin de dar visibilidade á crise da vivenda que continúa azoutando España e de conseguir do Goberno un protocolo marco sobre desaloxos que sexa de aplicación a nivel autonómico e local, Amnistía Internacional de Vigo convoca un acto de rúa para o día 18 de Novembro na rúa do Príncipe, ao carón do Farol de Urzaiz, de 11.00 a 13.30.
A violación do dereito á vivenda como consecuencia dos desafiuzamentos aínda non terminou e  afecta centos de miles de persoas. En 2016, tiveron lugar 34.193 desafiuzamentos. É esta unha crise rodeada de escurantismo e que non prexudica a todas as persoas por igual. Ten un efecto engadido sobre as mulleres, especialmente as que encabezan os fogares monoparentais, mulleres con discapacidade ou mulleres vítimas de violencia doméstica....

[Ler máis]

Vigo 30-09-17

Contaranos a preocupante situación das persoas migrantes en México
"El mayor desafío que tengo que superar es el de la intimidación, el acoso y la falta de respeto constantes de personas que no quieren que lleve a cabo mi labor de ayuda a los migrantes. Muchas autoridades locales, bandas de delincuentes y traficantes de droga quieren librarse de los defensores de los derechos humanos.” (Alejandro Solalinde, outubro de 2009)".

Nos próximos días teremos a ocasión excepcional de contar coa presenza  do Padre Solalinde, sacerdote católico mexicano defensor dos dereitos humanos dos migrantes, convidado por Amnistía Internacional. A cita serán

·       Mércores 4 de outubro ás 20.00 horas no  Auditorio Municipal do...

[Ler máis]

Vigo 04-06-17

• Amnistía Internacional lanza unha nova campaña global, co fin de deter a onda de ataques contra os que defenden os dereitos humanos.

• Os defensores e defensoras dos dereitos humanos, como Martha Lucía, enfróntanse a unha agresión sen precedentes a escala global no medio dunha retórica de demonización, restricións á sociedade civil e uso xeral da vixilancia.


Líderes comunitarios, profesionais da avogacía, periodistas e outros defensores e defensoras dos dereitos humanos en todo o mundo afrontan niveis inéditos de persecución, intimidación e violencia, advertiu Amnistía Internacional na presentación da súa nova campaña global, que pide a fin da avalancha de ataques contra persoas valentes que loitan contra a inxustiza.

“O que presenciamos hoxe é unha agresión...

[Ler máis]

Vigo 25-05-17

Amnistía Internacional pide aos congresistas estadounidenses que freen as políticas contrarias aos dereitos humanos

Activistas de toda España sairán á rúa contra o veto de Trump ás persoas refuxiadas.

Ao longo do mes de maio, activistas de Amnistía Internacional saen á rúa para mostrar o seu apoio ás persoas refuxiadas e migrantes que se están vendo ameazadas polas políticas que tenta poñer en marcha o presidente dos Estados Unidos, Donald Trump.

A través de fotos multitudinarias que se enviarán aos congresistas estadounidenses, activistas de Amnistía Internacional queren mostrar como a poboación española, xunto coa do resto do mundo, oponse ás políticas que violan os dereitos humanos.

A administración Trump tentou poñer en práctica medidas que prohiben a...

[Ler máis]

Amónsanse resultados 11 ao 15 de 134

< Anterior

1

2

3

4

5

6

7

Seguinte >