Logo de Amnistia Internacional
CABECERA

Sección Española | Galicia

Formulario para buscar dentro de la web de Amnistía España
CONTENIDO

Inicio

Axenda

Axenda
Non hai eventos na axenda.

Paxinas locais

Paxinas locais


Vigo 29-03-17

Amnistía Internacional sae á rúa o próximo 1 de abril para pedir #XustizaParaSiria


Mentres os crimes de guerra e os crimes de lesa humanidade seguen quedando impunes en Siria, unha campaña de Amnistía Internacional que marca o sexto aniversario da crise pide aos líderes mundiais que emprendan accións inmediatas para ofrecer xustiza, verdade e reparación aos millóns de vítimas do conflito.

A campaña Xustiza para Siria pide aos gobernos que poñan fin á impunidade e fagan realidade a rendición de contas para o pobo sirio a través de dúas vías. Por unha banda, brindándolle apoio, financiando o mecanismo de investigación sobre Siria votado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en decembro de 2016, e doutra banda, aplicando o principio de xurisdición universal para...

[Ler máis]

Vigo 01-03-17

Acto público de Amnistía a favor das persoas refuxiadas.

O vindeiro sábado 4 de Marzo ás 12.00 horas, Amnistía Internacional Vigo convoca un acto que a organización vai levar a cabo en  localidades de toda España para conseguir o compromiso real das autoridades dos concellos  coa acollida de persoas refuxiadas.

O Goberno central comprometeuse a acoller un total de 17.327 persoas ata setembro deste ano e de momento só chegaron 1.141. Amnistía Internacional quere que os Concellos fagan público o numero real  de persoas que terían a posibilidade de acoller, coa finalidade de facer presión sobre o Goberno para que asuma dunha vez a súa responsabilidade coa acollida dos que foxen da guerra e da persecución.

Para iso, levaremos a cabo unha celebración na...

[Ler máis]

Vigo 27-01-17

Amnistía Internacional convoca o III Concurso de Microrrelatos Xuvenil para maiores de 14 anos matriculados en calqueira Instituto de Ensinanza Secundaria da provincia de Pontevedra.


A campaña mundial de Amnistía Internacional “Eu Acollo” pide un lugar de acollida seguro para que máis de 21 millóns de persoas refuxiadas que foxen da guerra, o terror, a persecución e a violencia, poidan refacer as súas vidas. Delas, o 49% constitúeno as mulleres e as nenas, que se  ven particularmente afectadas por desigualdades de xénero e de poder. España, con 996 refuxiados, atópase á cola dos países que acollen.

Eu Acollo” lévase a cabo tamén nos centros escolares da Rede de Escolas de Amnistía Internacional que convoca agora o III Concurso de Microrrelatos Xuvenil, co...

[Ler máis]

Vigo 17-01-17

Amnistía Internacional Vigo convoca un acto de protesta o vindeiro sábado 21 de xaneiro, de 11.30 a 14.00 na rúa do Príncipe (esquina con Urzaiz) para esixir o peche da prisión da baía de Guantánamo en Cuba, que o presidente Barack Obama prometeu levar a cabo en xaneiro de 2010, como moi tarde. Pero a base naval está a piques de ter un novo comandante en xefe: o presidente electo Trump declarou antes da súa elección que manterá aberto o centro de detención que “vai encher de malos”.


 Na actualidade, permanecen detidas  55 persoas, 45 delas sen cargos nin xuízo. As outras 10 foron ou están a ser sometidas a actuacións da comisión militar que non respectan as garantías procesuais internacionais, que son vinculantes para Estados Unidos. Seis poderían de...

[Ler máis]

Vigo 07-12-16

Ai Weiwei e miles de activistas en todo o mundo actúan por persoas en risco inminente de violación dos seus dereitos humanos


 Con motivo do 10 de decembro, día internacional dos dereitos humanos, o artista disidente chinés Ai Weiwei participa, xunto a miles de activistas de Amnistía Internacional, na campaña #PersoasPorPersoas. Trátase dunha iniciativa mundial que denuncia as ameazas, o encarceramento inxusto, a discriminación ou a intimidación que sofren persoas con nome e apelido que se atopan en risco inminente. A campaña busca darlle visibilidade ás súas situacións e lograr avances concretos nos seus casos.

Ai Weiwei creou para a ocasión unha serie de ilustracións para poñerlle rostro a estas  persoas. O seu traballo súmase así á acción individual de...

[Ler máis]

Amónsanse resultados 16 ao 20 de 134

< Anterior

1

2

3

4

5

6

7

Seguinte >