Logo de Amnistia Internacional
CABECERA

Sección Española | Galicia

Formulario para buscar dentro de la web de Amnistía España
CONTENIDO

Inicio

Axenda

Axenda
Non hai eventos na axenda.

Paxinas locais

Paxinas locais


Vigo 28-03-16

ENTREGA DE PREMIOS

O II Concurso de Microrrelatos Xuvenil convocado pola Rede de Escolas de Amnistía Internacional  Vigo chega á súa última etapa co acto de entrega de premios aos gañadores o vindeiro xoves 31 de marzo ás 19.30 na sala de conferencias da sede de Afundación en Policarpo Sanz 24-26.

A campaña a favor dos refuxiados que Amnistía Internacional Vigo  está a levar a cabo nos centros da Rede de Escolas presta o título ao  concurso, dirixido a alumnos de Institutos de Ensino Secundario da provincia de Pontevedra: “Primeiro as persoas, logo as fronteiras”. O  obxectivo é  que o alumnado tome conciencia da necesidade da súa implicación na defensa dos Dereitos Humanos e que reflexionen sobre  a crecente crise de refuxiados que o...

[Ler máis]
Imagen de Cristina Prieto, responsable de movilización do Equipo de Acción de Pontevedra
Galicia 28-03-16

Cristina Prieto é a responsable de movilización do Equipo de Acción de Pontevedra. Ela uniuse a AI porque cree na loita polos dereitos humanos, pola xustiza e pola libertade. E ti, queres participar?
Ola! Eu son Cristina Prieto e traballo na Universidade de Vigo na que son profesora de Matemáticas. Ainda que fai moitos anos que son socia de Amnistía Internacional, só fai poucos meses que me integrei como activista no novo grupo de Pontevedra. Tomei a decisión porque Amnistía Internacional defende ideas libres, independentes e xustas coas que concordo cento por cento.

Para min, o mellor de Amnistía é que é unha entidade fiable que defende os dereitos humanos en todo o mundo e que non está afiliada a ninguén: nin a partidos políticos nin a ideoloxías nin a entidades...

[Ler máis]

Galicia 14-03-16

Adriana Iglesias é a coordinadora do novo Equipo de Acción de Pontevedra. Neste post, cóntanos porqué decidiu formar parte de Amnistía Internacional e convertirse en activista. E ti, animaste?
Son Adriana Iglesias, teño 31 anos e son asturiana, aínda que levo case un lustro vivindo en Pontevedra. Estudei xornalismo porque, como a maioría dos meus compañeiros, quería cambiar o mundo. Naquel momento tiña unha visión máis parcial ou máis utópica, quen sabe, e pensaba que eu soa podería facer grandes cousas. Que ilusa! Hoxe en día son consciente de que o poder está na unión, porque unha pinga na inmensidade do mar non é gran cousa, pero moitas gotitas pequeniñas, unidas, terminan por converterse nun océano.   

 

Vivimos nun mundo desigual no que o poder do...

[Ler máis]

Vigo 24-02-16

“Os teus dereitos perigan”, asalto global ás liberdades.

Amnistía Internacional presenta o seu informe anual no que se analiza a situación dos dereitos humanos no mundo.

O voceiro de Amnistía Internacional Vigo, Manuel Barreiro, advirte de que “non só perigan os nosos dereitos, senón tamén as leis e os sistemas que os protexen”.España non escapa a esta tendencia internacional limitando a liberdade de expresión e o dereito de reunión pacífica e desatendendo ás recomendacións dos mecanismos internacionais en canto á protección dos dereitos humanos no noso país.Alén dos medios de comunicación, o informe, que analiza a situación dos dereitos humanos en España, será entregado tamén ás autoridades e partidos políticos galegos.

A entidade territorial de Amnistía...

[Ler máis]

Vigo 22-02-16

¿Avanzamos? Os dereitos das mulleres e as nenas

A loita polos dereitos humanos de mulleres e nenas en todo o mundo foi e segue a ser un obxectivo prioritario de Amnistía Internacional. Por esta causa e co título de “¿Avanzamos? Os dereitos das mulleres e as nenas”  Amnistía Internacional Vigo organiza unha exposición na Sala de Exposicións de AFUNDACIÓN en Policarpo Sanz nº 24 do 3 ao 30 de marzo, de luns a sábado en horario de 17.30 a 20.30.

De Burkina Fasso a El Salvador, pasando  por Siria, India, China ou Marrocos, mulleres e nenas ven vulnerados os seus dereitos  a diario polo feito de seren mulleres: desde negarlles o acceso a métodos anticonceptivos se non teñen permiso do marido ata sufrir acoso, violencia sexual  ou matrimonios...

[Ler máis]

Amónsanse resultados 26 ao 30 de 134

< Anterior

1

2

3

4

5

6

7

Seguinte >