Logo de Amnistia Internacional
CABECERA

Sección Española | Galicia

Formulario para buscar dentro de la web de Amnistía España
CONTENIDO

Inicio  Noticia

Menú principal
Galicia. 14-03-16
Os nosos activistas: Adriana Iglesias, coordinadora do Equipo de Acción de Pontevedra

Adriana Iglesias é a coordinadora do novo Equipo de Acción de Pontevedra. Neste post, cóntanos porqué decidiu formar parte de Amnistía Internacional e convertirse en activista. E ti, animaste?

Haz clic para ampliar
Adriana Iglesias, activista e coordinadora do Equipo de Acción de AI Pontevedra.

Son Adriana Iglesias, teño 31 anos e son asturiana, aínda que levo case un lustro vivindo en Pontevedra. Estudei xornalismo porque, como a maioría dos meus compañeiros, quería cambiar o mundo. Naquel momento tiña unha visión máis parcial ou máis utópica, quen sabe, e pensaba que eu soa podería facer grandes cousas. Que ilusa! Hoxe en día son consciente de que o poder está na unión, porque unha pinga na inmensidade do mar non é gran cousa, pero moitas gotitas pequeniñas, unidas, terminan por converterse nun océano.   

 

Vivimos nun mundo desigual no que o poder do diñeiro é superior a calquera outro e en ocasións parece que a vida e a dignidade humana non teñen ningún valor. Creo que hoxe en día noso único poder é o que temos como consumidores e como cidadáns e que nosa mellor arma é a presión, froito dun esforzo conxunto e continuado. Decidín integrarme en Amnistía Internacional porque representa aquilo no que creo: a loita polos Dereitos Humanos en calquera recuncho do planeta mediante un esforzo de equipo e de maneira independente aos grandes poderes empresariais, políticos e económicos. Creo en Amnistía Internacional porque os Dereitos Humanos son a base para un mundo máis xusto, máis igualitario e con máis dignidade para todos e para todas.