Logo de Amnistia Internacional
CABECERA

Sección Española | Galicia

Formulario para buscar dentro de la web de Amnistía España
CONTENIDO

Inicio  Noticia

Menú principal
Galicia. 02-05-18
Os recortes sanitarios en Galicia xa producen efectos devastadores na sociedade e nos seus dereitos humanos

As medidas de austeridade económica adoptadas polo goberno central xa están a producir un efecto devastador en Galicia nas persoas máis vulnerables e marxinadas da sociedade galega, coa existencia de listas de espera excesivamente longas e pacientes que se ven na obriga de racionar a súa medicación para poder aforrar custos.

Haz clic para ampliarHaz clic para ampliarHaz clic para ampliar

No novo informe presentado por Amnistía Internacional o 24 de abril de 2018 aos medios de comunicación baixo o título de “A receita equivocada. O impacto das medidades de austeridade no dereito á saúde en España” (Link: https://www.es.amnesty.org/en-que-estamos/campanas/derecho-salud-espana/ ) a nosa organización expón os riscos en material de dereitos humanos que se producen cando se aplica unha política de austeridade como a actual.

O informe conclúe que o goberno español aplicou medidas de austeridade nunha maneiera que non era conforme coas súas obrigas en materia de dereitos humanos.

Para a elaboración do informe, Amnistía Internacional falou con 243 persoas en Andalucía e Galicia, tanto con usuarios do Sergas, persoal sanitario como con persoas expertas en saúde pública. Nel recóllese o impacto devastador que as medidas de austeridade tiveron na poboació máis desfavorecida economicamente, especialmente as persoas con enfermidades crónicas, as persoas con discapacidade e as persoas qeu reciben atención en saúde mental.

A investigadora de Amnistía Internacional sobre Saúde, Sanihita Ambast, manifesta que “falamos con pacientes de cancro que non poden permitirse os medicmentos para aliviar os efectos secundarios da quimioterapia e persoas con enfermidades mentais cuxa asistencia se ve gravemente restrinxida. Estes recortes non só son regresivos, senón tamén crueis”.

Un dos médicos entrevistados afirmou que as medidas de austeriade “afectaban á atención sanitaria das persoas máis vulnerables e as que tiñan máis risco. É dunha crueldade case insorportable”.

Aumento de cargas económicas e tensión entre os profesionais

A implantación de medidas de austeridade fixo que medicamentos que antes eran gratuítos agora teñan que ser custeados polos pacientes, polo que moitos dos enfermos, como os crónicos, teñen que recibir axuda do seu entorno para poder pagalos ou directamente escoller que medicamentos poden mercar e que non poden mercar. V, un home con discapacidade física describiou que ás veces escolle comprar medicamentos e non alimentos, xa que “non podo vivir con esta dor, teño que tomar as medicinas. Ou tomo as medicinas ou suicídome”.

Ademais, os profesionais sofren tamén unha redución no gasto en persoal sanitario que significa contratos inseguros, malas condicións laborais e salarios máis baixos. Un paciente contou que un médico lle dixo “ teño que recetarche un medicamento caro, pero vanme chamar a atención por isto”.

Listas de espera e deterioro da atención sanitaria

O incremento no tempo de espera para a atención sanitaria xurdiu en todas as entrevistas que se fixeron para elaborar o informe. Mentres no 2010 tiñamos un tempo medio de espera para a cirurxía electiva de 65 días, no 2016 era xa do dobre de ata 115 días.

Tamén os profesionais e usuarios do sistema sanitario comentaron sobre a calidade do material e como se deteriorou, como as agullas nas probas de diabetes que ao ter menor calidade xeran máis dor nos pacientes. A calidade tamén diminuiu nas cadeiras de rodas. Unha muller, B, dixo que de seguido tiña úlceras porque o coxín da súa cadeira estaba desgastado e non o podía cambiar.

Amnistía internacional conclúe que o gobernó español incumpre as seguintes directrices internacionais:

    • non fixo unha avaliación do impacto en dereitos humanos antes de aplicar as medidas de austeridade.

    • a austeridade afecta desproporcionadamente aos grupos marxinados.

    • non se esgotaron as alternativas. Moitos dos cambios introducidos na RDL 16/2012 continúan a día de hoxe aínda que as directrices ían ser temporais.

Por isto pedimos ao gobernó español que reforme o RDL 16/2012 para garantir a atención sanitaria de boa calidade. Debe tamén facer unha avaliación do impacto en dereitos humanos porque unha recesión non xustifica que os dereitos das persoas poidan ser pisados.