Logo de Amnistia Internacional
CABECERA

Sección Española | Galicia | Vigo

Formulario para buscar dentro de la web de Amnistía España
CONTENIDO

Inicio  Noticia

Noticia
Vigo. 05-11-16
Ahmed Ali, defensor dos dereitos humanos acollido en España por Amnistía Internacional, visitará Galicia

Ahmed Ali visitará A Coruña, Barbanza, Santiago, Vigo e Pontevedra e participará en diversas conferencias nas que dará a coñecer o seu caso e a situación política que vive Exipto na actualidade. Con esta xira Amnistía Internacional (Galicia) pretende achegar a realidade exipcia á sociedade galega

Haz clic para ampliar

 

Lunes, 31 de outubro de 2016.- Amnistía Internacional convidou a Galicia a Ahmed Ali, defensor dos dereitos humanos exipcio para participar en diversas conferencias en A Coruña, Santiago de Compostela, Barbanza e Vigo, nas que partillará cos asistentes a súa historia e analizará a situación dos dereitos humanos en Exipto.

Ahmed Ali Abdelhamid Ahmed Darraz , acollido en España por Amnistía Internacional dentro do Programa de Protección Temporal para Defensores/as en Risco, é testemuña de excepción da represión exercida polo réxime de Abdel Fattah al-Sisi contra toda a poboación exipcia, e especialmente contra os mozos, os defensores dos dereitos humanos e os xornalistas .Condenado no ano 2015 a 25 meses de prisión durante un xuízo no que non estivo presente, este fotógrafo e membro do movemento  6 de abril tivo que fuxir do seu país.

A Coruña será a primeira cidade que visite o defensor durante a súa xira galega. Na cidade herculina ofrecerá dúas charlas. A primeira, dirixida ao alumnado do I.E.S. Montes das Moas, terá lugar no centro educativo o día 7 de novembro as 11:30 h. Ese mesmo día, estará ás 19:30 h. no Centro Cívico Agora. Nesta conferencia poderá participar toda persoa interesada.

O día 8 de novembro o fotoxornalista exipcio visitará a comarca do Barbanza para ofrecer dúas charlas: no I.E.S. “Leliadoura” de Ribeira ás 12 h. e no Centro Social de Boiro as 20 h. Dende alí trasladarase a Santiago de Compostela, onde participará o día 9 de novembro nun almorzo con membros do colexio de xornalistas. Na capital encontrarase tamén cos membros do grupo escolar Café. As 20 h. impartirá unha conferencia pública na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.

O día 10 de novembro visitará os centros de educación secundaria I.E.S. Alexandre Bóveda de Vigo e I.E.S. Pedro Floriani de Redondela. Tamén estará en Vigo no Centro Social A Fundación ás 20h.  O venres día 11 reunirase cos alumnos do I.E.S. Vilalonga de Sanxenxo e do I.E.S. Torrente Ballester de Pontevedra.

Con esta xira Amnistía Internacional quere achegar á sociedade galega a situación dos dereitos humanos en Exipto, cada día máis ameazados. Os seus defensores e os xornalistas son os colectivos sociais con maior risco de sufrir as consecuencias dun sistema xudicial cada día máis instrumentalizado e menos independente.

A primavera encarcerada

En Exipto a “primavera árabe” deu paso a un cru inverno baixo o presidente Abdel Fattah al-Sisi. Os mozos que se manifestaron contra a ditadura de Hosni Mubarak, a xunta militar que o sucedeu e o goberno posterior de Mohamed Morsi dos Irmáns Musulmáns, sofren agora unha represión implacable.

Tras a caída de Mubarak, en febreiro de 2011, os gobernos sucesivos foron como o anterior pouco respectuosos cos dereitos humanos.  Tras un ano de autoritarismo e fracasos económicos do goberno de Morsi, manifestacións masivas esixiron a súa dimisión e eleccións anticipadas. O 3 de xullo de 2013, o mariscal Abdel  Fattah al-Sisi, ministro de defensa, destituíu o presidente e tomou as rendas do poder.

Os Irmáns Musulmáns mobilizáronse entón contra o que cualificaron de “golpe de estado”. O 14 de agosto de 2013, Exipto abriu unha das páxinas máis tráxicas da súa historia recente cando as forzas de seguridade irromperon  nunha sentada de protesta dos Irmáns Musulmáns na que morreron máis de 900 manifestantes. Desde entón, sofren unha represión brutal con xuízos masivos con centos de acusados.

A xeración das protestas e das manifestacións pola liberdade é agora a “xeración dos cárceres”. Promúlganse leis cada vez máis represivas que atenazan calquera forma de oposición. Os Irmáns Musulmáns, o Movemento de Mozos 6 de abril e os ultras de fútbol  foron declarados “organizacións terroristas”.  Desde 2013 miles de mozos foron condenados por “manifestarse sen autorización”, “incitar ás protestas e ao derrocamento do goberno” e “pertencer a organizacións prohibidas”.

Segundo as organizacións de dereitos humanos exipcias, entre 3 e 4 persoas desaparecen cada día. As forzas de seguridade secuestran a cidadáns correntes, estudantes, ás veces menores de idade, e activistas políticos. Detidos en segredo durante semanas e meses, son maltratados ou torturados ata que confesan delitos que non cometeron. Aqueles que reaparecen, xeralmente en prisión, son xulgados por tribunais ordinarios ou militares, acusados falsamente.

A presión internacional funciona

Aínda que hoxe en Exipto o panorama é negro, en 2016 conseguíronse éxitos importantes grazas á mobilización internacional e aos esforzos dos activistas de Amnistía Internacional. Podemos lograr que se anulen as condenas a morte de oito mozos nas circunstancias anteriormente citadas ou conseguir a liberdade do neno Aser Mohamed, secuestrado na súa casa por axentes da Seguridade Nacional e que podería ser condenado a 15 anos. Amnistía Internacional esixe a anulación das sentenzas e un novo xuízo, con todas as garantías, no que non se admitan como proba as confesións baixo coacción. 

DATOS DE LOCALIZACIÓN:

Acto: Xira Ahmed Ali

Día: 7-11 de novembro

Lugar: A Coruña, Ribeira, Boiro, Santiago de Compostela, Pontevedra, Vigo e Redondela