Logo de Amnistia Internacional
CABECERA

Sección Española | Galicia | Vigo

Formulario para buscar dentro de la web de Amnistía España
CONTENIDO

Inicio  Noticia

Noticia
Vigo. 25-05-17
EE.UU: NIN ODIO NIN MEDO

Amnistía Internacional pide aos congresistas estadounidenses que freen as políticas contrarias aos dereitos humanos

Haz clic para ampliar

 

Activistas de toda España sairán á rúa contra o veto de Trump ás persoas refuxiadas.

Ao longo do mes de maio, activistas de Amnistía Internacional saen á rúa para mostrar o seu apoio ás persoas refuxiadas e migrantes que se están vendo ameazadas polas políticas que tenta poñer en marcha o presidente dos Estados Unidos, Donald Trump.

A través de fotos multitudinarias que se enviarán aos congresistas estadounidenses, activistas de Amnistía Internacional queren mostrar como a poboación española, xunto coa do resto do mundo, oponse ás políticas que violan os dereitos humanos.

A administración Trump tentou poñer en práctica medidas que prohiben a entrada a Estados Unidos de numerosas persoas procedentes de países de maioría musulmá, entre eles, Irán, Libia, Siria, Somalia, Sudán e Iemen. Unha medida ata agora parada polos Tribunais estadounidenses, pero que só pode ser anulada definitivamente con medidas lexislativas.

"Para Amnistía Internacional é importante destacar que aínda que os tribunais están a conseguir frear as políticas discriminatorias de Trump, só o Congreso de Estados Unidos pode facelo de maneira definitiva, e só hai unha maneira: lexislar", sinalou Antía Pérez, portavoz de Amnistía Internacional.

Desde Amnistía Internacional lembramos que as persoas que foxen do conflito e da violencia non son unha ameaza, son persoas necesitadas de protección.

Por iso, o próximo sábado, 27 de maio, reunímonos ás 12.00 na Praza da Princesa,  para facer unha foto multitudinaria cos lemas: Non hate, non fear e #Refugeeswelcome. Con ela lembraremos aos congresistas estadounidenses que as decisións do goberno norteamericano rompen familias e violan os dereitos das persoas máis vulnerables do mundo.