Logo de Amnistia Internacional
CABECERA

Sección Española | Galicia | Vigo

Formulario para buscar dentro de la web de Amnistía España
CONTENIDO

Inicio  Noticia

Noticia
Vigo. 09-02-19
V CONCURSO DE MICRORRELATOS XUVENIL: NO NOSO GRUPO CONSEGUÍMOLO

Convocamos o V Concurso de Microrrelatos Xuvenil co que a Rede de Escolas de Amnistía Internacional Vigo busca cambiar actitudes sobre o acoso escolar, concienciando á sociedade sobre o problema e dando a coñecer os medios cos que se conta para loitar contra el.

Haz clic para ampliar

O tema do concurso está en relación co estudo que o investigador de Amnistía Internacional Koldo Casla realizou o pasado ano 2018 e que tivo en conta aos centros galegos dun xeito moi especial. Neste enderezo pódese ver unha publicación súa recente, da que salientamos algúns titulares: https://www.es.amnesty.org/en-que-estamos/blog/historia/articulo/nadie-deberia-tener-miedo-de-ir-a-clase/.

ESTUDOS INTERNACIONAIS DOCUMENTARON O EFECTO DANIÑO DO ACOSO ESCOLAR SOBRE A SAÚDE MENTAL E O BENESTAR EMOCIONAL.

HABERÁ QUEN ALEGUE QUE ACOSO EXISTIU SEMPRE. PARA EMPEZAR ESE NON É UN ARGUMENTO PARA QUEDARNOS COS BRAZOS CRUZADOS AGORA. DESGRAZADAMENTE O NOSO PASADO ESTÁ CHEO DE COUSAS QUE NOS AVERGOÑAN.

NIN OS INSTITUTOS SON A ILLA DE SEÑOR DAS MOSCAS NIN A VIOLENCIA E A EXCLUSIÓN INVÉNTANA OS NENOS

O título do concurso de 2018 é “No noso grupo conseguímolo” e pretende considerar tanto o problema como as súas posibles solucións. O contido do texto deberá estar centrado neste tema e ter en conta os puntos de vista de todas as persoas, da sociedade en xeral e da comunidade escolar en particular, que sofren a violencia, presénciana, traballan para erradicala, ou incluso o das persoas que a exercen e poden atopar aquí unha motivación para abandonar a súa actitude. O microrrelato, que deberá ser orixinal ou inédito, terá unha extensión máxima de 250 palabras e pode redactarse en galego ou en castelán.

O concurso vai dirixido a estudantes de centros de Ensino Secundario da provincia de Pontevedra. Haberá dúas categorías, 14 a 16 anos e 17 a 21 anos. O prazo para enviar os relatos será desde o 4 de febreiro ata o 8 de marzo de 2019. Remitiranse a través do seguinte formulario web:

 

https://docs.google.com/forms/d/1-CAR3ny8A6ixIH1irycnGK0F0VTZp1aP13DziW1DOB0/edit

 

As bases do concurso están publicadas na páxina de Facebook "Amnistía Internacional Grupo de Vigo". 

 As/Os gañadoras/es  recibirán como premio un lote de libros e unha escultura de Amnistía Internacional realizada pola escultora galega Cuqui Piñeiro. Haberá tamén un premio para o relato máis popular, que será votado a través do facebook do Grupo Local de Amnistía Internacional.