Logo de Amnistia Internacional
CABECERA

Sección Española | Galicia | Vigo

Formulario para buscar dentro de la web de Amnistía España
CONTENIDO

Inicio  Noticia

Noticia
Vigo. 30-09-17
Visita do Padre Solalinde

Contaranos a preocupante situación das persoas migrantes en México

Haz clic para ampliar

"El mayor desafío que tengo que superar es el de la intimidación, el acoso y la falta de respeto constantes de personas que no quieren que lleve a cabo mi labor de ayuda a los migrantes. Muchas autoridades locales, bandas de delincuentes y traficantes de droga quieren librarse de los defensores de los derechos humanos.” (Alejandro Solalinde, outubro de 2009)".

Nos próximos días teremos a ocasión excepcional de contar coa presenza  do Padre Solalinde, sacerdote católico mexicano defensor dos dereitos humanos dos migrantes, convidado por Amnistía Internacional. A cita serán

·       Mércores 4 de outubro ás 20.00 horas no  Auditorio Municipal do Areal  (antigo paraninfo do Reitorado da Universidade de Vigo).

·       Xoves 5 de outubro ás 11:00 horas na Facultade de Dereito da Universidade de Vigo (Campus de As Lagoas s/n)

Alejandro Solalinde Guerra (Toxoco, Méjico, 1945), candidato ao Premio Nobel da Paz de 2017, é o director do albergue Hermanos en el Camino, que proporciona asistencia humanitaria, médica e psicolóxica, ademais de orientación aos migrantes de América Central e América do Sur, no seu paso cara aos Estados Unidos. O seu fundador afirma que foi coa poboación migrante coa que aprendeu a conceptuar a violencia e impunidade que se viven en México.

 Desde que en 2008, segundo información de Amnistía Internacional, un grupo duns 50 residentes de Cidade Ixtepec, encabezado polo alcalde e 14 policías municipais,  ameazaron con prenderlle lume ao albergue se non o pechaba, enfrontouse a continuas intimidacións e ameazas. Os medios de comunicación locais propalan historias falsas acusando o albergue de aloxar a persoas sospeitosas de cometer delitos, o cal provoca manifestacións na rúa e peticións de peche do centro.

O Padre Solalinde non é un home cómodo para o poder. A pesar das continuas ameazas e o permanente perigo para a súa vida, mantivo as súas críticas ao sistema político e o seu traballo de asistencia e defensa de migrantes: en maio de 2012, despois dun exilio forzoso de dous meses,  recomendou aos membros do Partido Revolucionario Institucional facer un acto de contrición polos erros e abusos cometidos durante os 71 anos que gobernaron o país, e pediu ao presidente Enrique Peña Nieto que emprendese o camiño da democracia; culpou o Ulises Ruiz Ortiz de ser o gobernador que máis o golpeou; acusou de “racismo” o Instituto Nacional de Migración mexicano e, no sexenio actual, insistiu en cuestionar a actuación do Goberno federal na investigación pola desaparición dos 43 estudantes da Normal Rural de Ayotzinapa.

O seu gran  logro  e o dos que traballan con el foi ter detido a barbarie que se viña dando contra os migrantes, ter detido a man de tantos funcionarios públicos e corporacións que cinicamente atentaban contra eles todos os días.

O pasado 10 de marzo, a prensa nacional difundiu que o Comité Noruegués aceptara o seu nomeamento ao Premio Nobel da Paz, proposto pola Universidade Autónoma do Estado de México: el considera o nomeamento mesmo un recoñecemento para todos os que loitan contra a crise por violacións dos dereitos humanos que vive México e un “trancazo” para o Goberno.