Logo de Amnistia Internacional
CABECERA

Sección Española | Galicia

Formulario para buscar dentro de la web de Amnistía España
CONTENIDO

Inicio  Noticia

Menú principal
Galicia. 29-01-18
Amnistía Internacional celebra 30 anos de activismo na Coruña cun concerto solidario a cargo do grupo de folk DOA

O cuarteto, que contará con Fran Castro como artista invitado, actuará de forma altruísta no teatro Colón o 18 de febreiro

A recadación íntegra do concerto irá destinada á defensa dos Dereitos Humanos, principal obxectivo de AI

Haz clic para ampliar

A Coruña, luns, 29 de xaneiro

O grupo de folk DOA e Amnistía Internacional unirán as súas forzas para recadar fondos a prol da loita polos Dereitos Humanos, nun concerto que terá lugar o próximo 18 de febreiro no teatro Colón. Esta actuación será o acto principal para festexar os 30 anos de activismo da ONG na Coruña, aniversario que coincide cos 40 anos de Amnistía Internacional en España.

O cuarteto composto por Susana Lorenzo (voz e harmonium), Gertraud Brilmayer (violín e voz); Xoan Piñón (guitarra acústica e eléctrica) membro fundador de DOA e Bernardo Martínez (percusión e clarinete) co-fundador do grupo, actuará de forma completamente altruísta a favor de Amnistía Internacional. Ademais, contarán coa presencia de Fran Castro (teclados) como artista invitado.

Os que se acheguen ata o teatro o domingo 18 de febreiro ás 19.00 horas, sen dúbida desfrutarán dun portentoso e maxistral directo, marca característica de DOA, formación histórica da música popular galega que comezou a súa andaina a finais dos 70.

En DOA conviven a partes iguais o espírito de liberdade creativa co excepcional currículo e talento dos seus integrantes: Susana Lorenzo posúe unha gran técnica chea de emocións e matices que lle permiten unha gran versatilidade; no seu haber, conta con incursións no campo da música clásica, rock e outros estilos. Gertraud Brilmayer, integrante da Orquesta Sinfónica de Galicia, é unha gran instrumentalista que abarca xéneros tan dispares como a música clásica, contemporánea, jazz, bossa ou folk.

Xoan Piñón é un dos pioneiros da música galega contemporánea e ao longo dos anos pertenceu a diversas formacións de música experimental, rock e folk. Bernado Martínez, músico referente en Galicia, ten realizado traballos e gravacións de folk, jazz, música improvisada e incluso electrónica. Os catro, xunto a Fran Castro, subiranse ao escenario do teatro Colón para festexar os 30 anos de Amnistía Internacional na Coruña. Uns anos nos que a entidade sen ánimo de lucro ten desenvolvido unha ampla actividade en favor da defensa dos dereitos humanos.

Levou a cabo campañas para acabar coa impunidade, para poñer fin á pena capital, á tortura e ás desaparicións forzadas; para que houbera un maior control sobre a venta de armas ou para loitar contra a violencia machista, entre outras.

AI ten recollido firmas e realizado actividades para a concienciación da situación dos Dereitos Humanos. Exposicións de pintura, conferencias, obras teatrais, ciclos de cine, concertos...

A ONG fomenta a educación dos Dereitos Humanos a través da Rede Escola na que desenvolve talleres e charlas en colexios como o Ponte dos Brozos de Arteixo. Colabora con diversas entidades, así como no proxecto Acampa en favor dos dereitos dos refuxiados. Nos tres últimos anos editou un fancine para o Salón do Cómic “Viñetas desde o Atlántico”.

Isto non é máis que unha pequena mostra da buliciosa actividade desenvolvida a prol dos Dereitos Humanos. Por iso, neste movemento global de máis de sete millóns de persoas que actúan contra a inxustiza, cando AI cumpre 30 anos na Coruña, quere convidar a todas as coruñesas e coruñeses a que se unan a causa, a que participen na promoción e defensa dos Dereitos Humanos.