Logo de Amnistia Internacional
CABECERA

Sección Española | Galicia

Formulario para buscar dentro de la web de Amnistía España
CONTENIDO

Inicio  Noticia

Menú principal
Galicia. 06-02-18
I Asemblea Autonómica de Amnistía Internacional Galicia

O vindeiro 24 de febreiro de 2018, no Liceo de Ourense, Amnistía Internacional Galicia celebrará a súa primeira asemblea autonómica de socios/as, dando comezo ás 9,30 h en primeira convocatoría.

Haz clic para ampliar

A Asemblea autonómica é o órgano supremo de representación do goberno de Amnistía Internacional Galicia e nela poden participar todos os socios e socias con enderezo na Comunidade galega, previa inscrición. Porén, inda que todos os socios e socias poden acudir, só aqueles cunha antigüidade mínima de tres meses poderán exercer o seu dereito a voto. O voto pódese delegar noutro socio cos mesmos dereitos. Ademais, aqueles socios cunha antigüidade mínima dun ano poderán ser elixibles para os cargos de Amnistía Internacional Galicia listados a continuación: Presidente/a, Secretario/a, Tesoureiro/a, Vogal 1 e Vogal 2, aparte dos cargos da Comisión autonómica de arbitraxe, en total 3 titulares e dous suplementes.

Ademais de votar a este Comité Executivo Autonómico, debaterase e aprobarase o plan operativo e o orzamento para o ano 2018 e presentarase o informe de activismo e o peche de contas do ano 2017.

Recorda que para participar tes que enviar un correo a galicia@es.amnesty.org e engadir no asunto: Inscrición I Asemblea Autonómica de Amnistía Internacional Galicia. Tamén podes enviar a este mesmo enderezo toda a documentación (inscricións, propostas, emendas, candidaturas e/ou incidencias).

Por último é importante remarcar que a Asemblea finalizará ás 15:00 e que tralo fin desta mesma e tras unha pausa de dúas horas, no mesmo espazo, ás 17:00, teremos a oportunidade de asistir á charla “ Colombia, impunidade e guerra en tempos de paz” do defensor de Dereitos Humanos colombiano Gustavo Pedraza, que porá o punto e final así a súa xira por Galicia.